Caxigalines nella Reguera'l Campizu

25 maggio 2007

1968



Abre en Nova Iork unha exposición sobre a psicodelia baixo o título Summer of Love. Soan, aínda, ecos da misión que Sarkozy emprende contra maio do 68. Hoxe mesmo, Josep Ramoneda, nun artigo moi interesante, celebra o 68 (non o francés, senón todos os 68) como o momento en que todo rachou. Como gustamos de fitos históricos, poñemos lugares, nomes, tempos, anécdotas. E por iso lembramos adoquíns, praias escondidas, hippies en Berkeley, sarxentos peppers, peches en Compostela, tanques por Praga, sangue en Tlatelolco. Tantos sucesos como metáfora dun tempo de revolta. Eu era ben novo daquela, pero como unha poalla sentimental o 68 (67, 70, que máis ten) foi cubrindo todo o que eu son agora. Cando veñan contra ese mundo libertario, xeneroso e vital, de seguro que virán por unha parte moi importante de mín.

10 commenti:

Nuca ha detto...

suscribo a parte emocional e de herdanza cultural que ten o post. Só unha chata ó post: non sei como poido suceder mais esquenciches un ano da serie

Anonimo ha detto...

Pensamos o mesmo, Sr. Occam, pero eu non sabía como dicilo.

Mario ha detto...

En Compostela o maio do 68 foi en abril, así que fomos pioneiros, aínda que a ninguén lle interese. Cos anos fun relativizando moito o valor desa revolta, pero tamén é certo que non estamos para desperdiciar unha memoria de barricadas e adoquinazos (e praias por debaixo).

Nuca ha detto...

Imaxinaba, de la H61, por seguiren ou seu blog, que coincidiría conmigo na idea da herdanza cultural. Porque supoño qué era esa a coincidencia a que se refire nonsi?

Anonimo ha detto...

Cando falo (con perdón) de 68 falo (con perdón) dun ano arriba un ano abaixo. Non entendo o que queren dicir, amigos.

Anonimo ha detto...

Por suposto, Sr. Occam, por suposto.
Sr. Arume: deso falamos, dun ano (con perdón) arriba (con perdón), e un ano (con perdón) abaixo (con perdón).

R.R. ha detto...

Señores Arumes e dlH61: falos e anos. ¡Parecen irmáns! ¿É que non poden deixar de pensar no único?

Ó caso: en moitos aspectos da nosa vida temos que lembrar con agradecemento esa época. E se se vai contra iso, en efecto, vaise contra unha parte importante de nós. Como di o amigo Mario non estamos para desperdiciar memorias (das boas)

Anonimo ha detto...

Coidado, que empezou o Sr. Occam.

Anonimo ha detto...

révolution je t'aime encore

Nuca ha detto...

R.r., qué diferente o francés (quero dicir de Francia) de aquel ano (falo [refírome] do 68) do de agora!!!

H61, non sexa chivato; lémbrolle que eu só fixen notar un simple erro matemático