Caxigalines nella Reguera'l Campizu

22 maggio 2007

JOHNNY CASH

Aprendín a tocar (mal) a guitarra coas cancións de Johnny Cash. Aínda agora, cando lle dou ás cordas para quecer os dedos, sáenme as notas de Darlin' Companion. Digo todo esto porque onte puiden ver Walk the line, cun Joaquin Phoenix en craso erro de casting e unha encantadora Reese Witherspoon como June Carter. A película é un clásico biopic de ascenso, descenso e redención do cantante, cunha fotografía plana, uns diálogos planos e unha posta en escea plana. Unha cousa de trámite, se non for polas cancións, cantadas polos mesmos actores (con voces excelentes), en homenaxe ao grande Cash. O feixe de marabillas que cantaron durante a película alivia a sensación de escaso talento cinematográfico e ofrece, por momentos, unha emotividade extraordinaria. Coma a que agora lembro: a versión preciosa de It ain't me babe de Bob Dylan, con aqueles versos que aínda hoxe merecen, eu creo, un Premio Nobel:
Go lightly from the ledge, babe,
Go lightly on the ground.
I'm not the one you want, babe,
I will only let you down.
You say you're lookin' for someone
Who will promise never to part,
Someone to close his eyes for you,
Someone to close his heart,
Someone who will die for you an' more,
But it ain't me, babe,
No, no, no, it ain't me, babe,
It ain't me you're lookin' for, babe.

7 commenti:

franetico ha detto...

Anoche recordé, viendo la película en el Plus, contigo, que me gustaba Johnny Cash (y un par de cosas más).

R.R. ha detto...

Digamos que eu non son de Cash, pero o do Nobel a Dylan está ben claro. E agora que xa se atreveron por fin a darllo a Fo, un pallaso -digno oficio, protesten cada vez que se use como insulto-, a ver cando llo dan a un trovador como o gran Bob.

Zerovacas ha detto...

it ain't me, babe,
It ain't me you're lookin' for, babe.

Algunha vez se veu iso á cabeza, xusto cando necesitaba atopar unha frase algo menos punzante.

Anonimo ha detto...

A película, sr. Arumes, é unha merda. Haino que dicir. Aburrida, que é o peor que pode ser unha obra de arte, que é o que debe ser unha película. Unha historieta que non se sabe moi ben que quere contar. O fillo de Cash e June é produtor executivo, así que el saberá.
A música: marabillosa. Cash é grande, enorme.
Dylan/Cash: circulan por aí (seguro que en youtube) imaxes das sesións de Nashville do '69 onde colaboraron, con non moi bo resultado para ser quen eran (ademais, bos amigos). Moito mellor escoitar Wanted Man, escrita por Dylan e interpretada por Cash en San Quintin no mesmo 1969. Tamén se pode escoitar It ain't me babe interpretada por Cash e June en 1993, na homenaxe a Dylan polo 30 aniversario (quizais non sexa a súa mellor interpretación, pero é moi emotiva).
Nobel/Dylan: necesitamos os dylanitas o premio para quitar peito?

Anonimo ha detto...

Franático: podía escribir eu ese comentario.
R.R.: ten que conseguir unha explicación da historia da catedral de Modena interpretada por Fo hai cousa de cinco anos na mesma praza da cidade italiana. Para morrer de risa e de emoción.
Zerovacas: o mellor é eso de buscar alguén que morra por ti e algo máis: que é ese algo máis.
De la Highway: hai centos de versións de It ain't me babe de ámbolos dous para gozada dos interneteiros. Que grande o iutuf. E, por suposto, o premio xa é Dylan.

Anonimo ha detto...

Hoxe, a pouco tardar, Wanted Man e It ain´t me, babe, galegian version, en +dylan (informática mediante)

Anonimo ha detto...

Escoitei moito de novo a voz grave de Cash, en especial o disco gravado na prisión de San Quentin. E sempre devecín pola versión que facía co Dylan da Moza do Norte.

Mais non tiña ningún disco nin CD del, grave pecado que purguei non hai moito mercando, a moi bo prezo, unha antoloxía en dous CDs. Algúns arranxos de cordas soan vellos, pero qué máis dá. Cash sempre será Cash.