Caxigalines nella Reguera'l Campizu

28 settembre 2008

OLLOS AZUIS



Cando puxeron a película de Dos hombres y un destino no cine Edesa en Ponferrada, comprendín que algo máis divertido que a propia vida comezaba a ofrecerse. Desde entón, só saio das películas para tomar o aire. Gracias, moitas gracias, Paul Newman. 

Nota: é un dos meus autores de citas preferidos: "Como vou saír xantar hamburguesas fóra se teño o solombo na casa?"

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Por polemizar, inda que o que vou dicir é verdade: a min Paul Newman nin fu nin fa. Sempre pensei que pouco tiña que ofrecer como mito á marxe da súa poderosa presencia azul celeste. Xente como Marlon Brando, De Niro ou Pacino están a anos luz no panteón cinematográfico. Será que nunca me dixo nada o cine dos '60 e arredores, a súa época dourada, ou será que non participou en El Padrino, o canón cinematográfico contemporáneo.
Agora ben, El golpe é a película máis divertida que vin na miña vida. Iso seguro.

Anonimo ha detto...

Porque vostede non ten os ollos azuis coma un servidor. Nunha das fotos últimas do amigo Paul, os seus ollos teñen unha transparencia que resulta demasiado familiar. Probe, Turmano, a velas.

Anonimo ha detto...

Xa quixera o morto ter os ollos do señor arume, xa.
Por outra banda esquecín dicir que as hamburguesas tamén están riquísimas. Con queixo e beicon, perdón, freva. Sen vexetais, por favor.