Hoxe desmontaron o andamio do edificio Aurora Polar (1959), de Jenaro de la Fuente Álvarez: o que queda á vista é dun esplendor que ilumina todo Urzáiz. Paga a pena contemplalo con tranquilidade desde todos os ángulos de vista posibles. Unha marabilla racionalista, con acenos algo totalitarios nas esculturas, en pleno franquismo.
Non poño fotografía porque non levaba cámara e as que teño non fan honra á beleza do edificio restaurado. Cando a consiga, actualizo.
1 commento:
En Vigo hai edificios espléndidos, e non pucos, a pesares da desfeita dos anos de "desarrollismo". Mesmo algún é magnífico en si mesmo aínda que non esté no lugar axeitado. De tódolos xeitos, o edificio, para min, máis representativo de Vigo é o que fai a esquina das rúas Pi i Margall con Llorente, deixando atrás o Paseo de Alfonso: digo representativo e digo ben, porque nese edificio están a simple vista os estratos da evolución da cidade e a súa psicoloxía: unha cidade que medra sen descanso e sen complexos, que ten partes bonitas seguidas de outras horrendas; unha cidade práctica e presurosa por chegar a non sabe onde.
Posta un commento