Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 luglio 2007

GÜIQUÉN IN THE VILLAGE

Fin de semana familiar: visita de festas patronais (a procesión do Carmo capela-igrexa e volta ao día seguinte mete medo: mulleres beatas e non tanto en doble fila con candeas, ufanas, vestidas co traxe do trinque: ulas durante todo o ano?). En fin, lonxe de toda esa matraca infumable, verei ao meu curmán, que ven vernos desde Xixón: un desas persoas, o Javier ese, que merece todas as honras: o máis grande. Ha ser, pois, a miña ilusión destes días, aínda que Marta Sánchez e Paulina Rubio ameazan as noites.

Agardo ver tamén aos amigos de sempre, eses que hai tempo que non ves pero que están. Seguro que quedamos para cear un día e para rirmos a cachón. Non facemos relatos para poñermos ao día: simplesmente rimos, falamos e ás veces mirámonos, felices de atopármonos sempre xuntos. É o que ten a amizade.

Virá un frío de verán típico; ha chover case seguro; mudarei, pois, non só de lugar senón de calendario, aínda que este ano a mudanza será máis leve. Pousarei a carón da ponte sobre o Eume nun banquiño de madeira á beira dun puxigo cun xornal entre as máns, mentre vexo pasar á xente para a festa. Saudarei a todo mundo, aínda que non os coñeza (de feito non coñezo a ninguén: son un estrano naquela vila, pero eles semellan saber quen son ou alomenos disimulan ben). Mesmo algún, que ninguén atura, ha parar falar conmigo: tómame despistado, pero non me disgusta a parola. Os da vila están cansos, pero, como eu non o coñezo de nada, faime gracia. E así paso o tempo. Co tedio do far niente. O dolce virá para Agosto.

5 commenti:

A rapaza do arco ha detto...

Na festa da vila ou da aldea todo o mundo te coñece, teno por ben certo; non só saben de que casa es senón onde vives, que fas, por qué e para que (ou iso cren), e toda unha serie de datos que mete medo. A min pásame, e tampouco coñezo a ninguén, para este tipo de cousas prefiro vivir feliz na miña ignorancia :D

Anonimo ha detto...

Onte pola noite descubrín que a miña conta de gmail foi inhabilitada, sen previo aviso, pola empresa google. Non sei sequera a qué pode deberse, pero sospeito que a culpa é dun mp3 que enviei a dous compañeiros de traballo para que escoitasen unha canción sobre a que me interesaba escribir.
Tentei poñerme en contacto cos xestores de Gmail e Google pero 24 horas despois non recibín resposta e non podo acceder ó meu correo, ós meus contactos, ó meu blog nin a algúns textos que tiña almacenados tanto nas páxinas de google (googlepages) como no arquivo do propio bló. Sinto usar o voso blog como plataforma de protesta pero é que no meu non podo publicar nada, evidentemente.
Deixovos as ligazóns dalgunhas noticias e comentarios relacionados (algún un tanto esaxerado) e recoméndovos prudencia e que dupliquedes as contas e usuarios do blog se queredes manter o acceso ó mesmo. Ou que non gardedes nas súas páxinas cousas ás que lles teñades aprecio.
http://www.maxglaser.net/sobre-el-peligro-de-concentrar-todos-tus-servicios-en-una-cuenta-de-gmail/
http://www.ojobuscador.com/2007/07/18/lo-sentimos-pero-su-cuenta-ha-sido-inhabilitada/
http://www.informediario.com/node/463/print
http://alquimistas.evilnolo.com/2006/08/09/se-cae-mi-mundo-gmail-inhabilito-mi-cuenta/
Se se me dá por abrir outro bló, fóra de Blogger, claro, tereivos avisados. Para que vaiades por outros camiños.
¡¡Coidadiño co que facedes!! ¡¡¡O Gran Irmán Google está mirando!!!

R.R.

Anonimo ha detto...

O luns, se gosta, e aínda está por As Pontes, estará Loquillo, non é nada especial, pero a súa actitude e algún que outro exabrupto que pronunciará sempre paga a pena velo, máis se non se ten outra cousa mellor que facer...

Anonimo ha detto...

Deixei a vila hoxe mesmo: perdín a Loquillo e a Funkstein, pero vin a Marta Sánchez cunha xiada que pensei quedar alí. Non lembraba os veráns invernais de As Pontes, pero o deste ano foi moito, moito. Qué frío!

Lula Fortune ha detto...

Cando un/a pasa por esa vila, coas chemineas fumeando e o ceo negro, negro, sinte a longa man de Mordor apretando o pescozo. A min pásame como a Brassens "no meu pobo, sen pretensión, teño mala reputación". menos mal que están os amigos.Saúdos.