Caxigalines nella Reguera'l Campizu

25 novembre 2007

VISITA A MONDARIZ-BALNEARIO


Había máis de dez anos que non ía por Mondariz. Hoxe, un día luminoso deste outono, coas follas caídas das arbres amoreadas ás beiras das rúas, fomos xantar alí. Vimos por primeira vez o Gran Hotel restaurado, cos xardíns e vieiros aínda non arranxados da parte de atrás, con ese perdido esplendor aínda por agromar despois da limpeza. Baixamos á fermosa e elegante fonte da Gándara a tomarmos un grolo de auga e visitamos o hall do hotel para comprendermos a arquitectura de imponentes liñas rectas e cúpulas altas, de formas circulares para dar lustre falsamente romano á entrada e impactar coa profundidade ao visitante. Antonio Palacios fixo grande ao máis pequeno dos concellos con eses edificios que sobrancean sobre o val do Tea. Demos unha volta xunto ao río que baixaba paseniño por entre as ponlas espidas dos bidueiros. E xantamos no Restaurante Atalaya, unha casa de comidas das de antes pero cunha excelente carta. Cervo con setas, jarrete estofado, chuleta de ternera, flan da casa e un condado friísimo (Piñeiral) moi notable. Todo en xeral moi recomendable, aínda que un pouco caro (126 euros para 5), cun servicio magnífico e un comedor luminoso, agradable e quentiño, que nos tempos que corren xa é moito pedir. Culminou a xornada cunha visita ao reconstruido castelo de Sobroso, unha pequena xoia (non moi medieval segundo os sabios, pero parece ben trovato) que merece o paseo. Á volta fixen de capataz de obras, coa visita aos barrios periféricos de Vigo por mirar cómo os sucesivos alcaldes van deixando aqueles espacios (Cabral, Madroa) ao abandono e á vontade case supervivinte dos seus habitantes. Pero desto falarei outro día.

26 commenti:

Anonimo ha detto...

Polo que leo,foi vostede a Mondariz-Balneario.E non subíu un pouco máis hasta Mondariz,a vila? Hai unha boa feira tódolos domingos:roupa,alimentos,hasta mobles...No mercado de abastos pode mercar boa carne,peixe,marisco e fruta de tempada moi boa e barata,traida e vendida polos propios labregos da comarca.
O Castelo de Sobroso,bén fermoso.Nunha mesa de pedra perto da entrada,á sombra dun vello carballo,paséi unha tarde enteira fresquiño este último vran,lendo un bó libro.E non se fixóu nos animáis que andan por alí?

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Atendo máis ás construccións cós animais, salvo que se refira aos avestruces que están alí nunha finca. A verdade é que aquela zona está moi ben e relativamente ben conservada. O de Mondariz non o sabía, pero xa me pareceu raro atopar tan pouca xente en Mondariz Balneario. O máis curioso foi ver cruzar a catro clientes do hotel cara a fonte da gándara co albornoz co frío que facía. Temos que facer alí unha paparota: é terreo intermedio (máis ou menos) entre Ourense e Vigo.

Anonimo ha detto...

Hai máis ca avestruces nese cercado.Corzos,cervos,Galiñas australianas,...

Eu xa fún a algunhas bodas no Balneario de Mondariz.Boa cociña e bó servizo.Na feira da que lle falaba,na vila,aínda estiven fai poucos domingos.Viñen cargado de boa "horta".

folerpa ha detto...

Estou seguro que nalgún momento do día nos cruzamos. Eu ía con catro pequenos salvaxes e fixemos idéntico percorrido, agás no restaurante. Recoñezo que a restauración do gran hotel con fins inmobiliarios paréceme unha desfeita(Ese aluminio branco!!!!!. Amais perdeu todo o encanto romántico e meláncolico que tiña en ruínas.

Anonimo ha detto...

Os de Mondariz (o de verdade: Mondariz pueblo) non lle van perdoar que os confundise con Mondariz-Balneario. Unha herexía o seu, imperdonable, intolerable. Coido que vai haber unha moción municipal en Mondariz propoñéndoo persoa non grata. E é que o que fixo non se fai, non señor.

Anonimo ha detto...

Eu non os confundín: eu dixen que non fora, que non é o mesmo, e que non sabía que había feira, que tampouco semella ser o mesmo.
Amigo Folerpa: catro pequenos non os cheguei a ver, agás no restaurante no que había moito ambiente familiar e tamén cativería. Haberá que levar un distintivo de blogueiros para sermos recoñecidos.

Anonimo ha detto...

Tomamoslle a palabra TEMOS QUE FACER ALI UNHA PAPAROTA.
Srs: Da Coba , Apicultor, Marcos, Arume... e os Todos Amigos que se queira sumar, que lles parece?

Anonimo ha detto...

A min paréceme moi ben, Trebi. Por moitos motivos.

Anonimo ha detto...

Confundiu, Arume, confundiu. Se non tiña que titular o post "Visita a Mondariz-Balneario", que é o nome de onde foi vostede. Pida perdón ao verdadeiro Mondariz (d´arriba ou pueblo) e déixese de lerias.

Anonimo ha detto...

¡Hala, unha "polvorémica"!

¡Arumes persona non grata en Mondariz! ¡Pois que beba viño!

Anonimo ha detto...

Se van no vran,non esquezan visitar unha praia fluvial,moi pertiño de Mondariz ,continuando,tras atravesar a vila,no sentido ascendente do río Tea.Augas cristalinas,bonita ponte,fermosa paisaxe(Ee rapazas guapas en bikini).

Anonimo ha detto...

Máis precisamente, amigo da Coba: onda a ponte de Cernadela. Non cubre moito e é un lugar ben pequeno, pero está moi ben prós nenos pequenos.

Anonimo ha detto...

Pero a auga ha estar fría para persoas non gratas ou non?

Anonimo ha detto...

En Cernadela hai unha ponte medieval de orixe romana ben fermosa. Ao carón da mesma, no verán, adoitaba estar aberto un bar-tapería no que se podía tomar unhas cervexas e tomar unhas tapas, que pasou por moitas mans, entre elas a do dono do exquisito Restaurante Eido do Crego (en Bugarín, pola estrada Vigo/Mondariz-Barneario), quen cando o inaugurou levou unhas Drag Queens que causaron furor entre a parroquía.

Preto de alí tivo, no seu día, unha casa o común amigo Jim Morrison.

Anonimo ha detto...

Era unha brincadeira, Arume. Alí ninguén é forasteiro e as augas non son frías. Por certo que lle recomento o citado restaurante Eido do Crego, se segue nas mesmas mans. Comida un tanto elaborada e orixinal, aínda que de prezos non moi populares. Pero vostede pode tirar de Visa Ouro e asunto concluído.

Nuca ha detto...

Ir a Mondariz a xantar... qué extravagancia!!! Sempre pensei que alí se ia a tomar as augas. E xa sabe que se toman a grolos mais tamén por inmersión. Esta segunda forma de aplicación é, sen dúbida, a millor.

De cativo con 10 ou 12 anos pasei un verán en Sobroso invitado na casa dos pais de Fran. O Castelo estaba pechado e baleiro. O meu amigo e máis eu fixemos unha ganzúa, limos un pouco de historia e abrimos as instalación para visitas guiadas as que lle pedíamos o remate a vontade. Foi divertidísimo. Éramos coma nobres, os donos do Castelo

Anonimo ha detto...

Por certo que no Atalaya a onde foi xantar o Arume, fan unha lamprea de medo cando é tempada. No seu punto xusto.

Anonimo ha detto...

O Castelo de Vilasobroso pertence ao concello de Ponteareas. Foi Pepe Castro quen o mercou e o puxo en valor (e iso que non é do Bloque, he, he).

Anonimo ha detto...

E en Mondariz d´arriba, se queren tomar un bo viño (surtido moi aceptable) xunto cunha tapa de queixo (ou de callos os domingos), a prezos moi asequibles, vaian á Cafetería Gonixul (máis coñecida como Goni). Pregunten polo dono, Xulio, e díganlle que van de parte miña: hálles cobrar igual, pero faralle ilusión saber que recomendaron o seu establecemento.

Anonimo ha detto...

Vou cambiar o título da entrada no seu honor, amigo Apicultor, pero con todos estes datos, vou ter que facer outra sobre Mondariz. Tomo nota e vou direitiño: o dos callos (supoño que con ese engadido funesto dos garbanzos, pero en fin) foi definitivo.
Nota: teño que recordarme que faga unha entrada sobre os callos. Vaian preparando suxestións.

Anonimo ha detto...

Callos, lentellas, fabada, cocido, ... Se eu lle contara que aquí mesmiño debaixo de onde estou, a sete segundos, hai quen os fai extraordinarios, ... Pero non, non llo vou contar. Se cadra, invitalo algún día.

Anonimo ha detto...

Por certo, que non hai moitos anos, ao ínclito alcalde de Mondariz d´arriba (o Julito) déulle por inventar unha festa gastronómica, para non ser menos que outras localidades. Como estaban xa pillados todos os manxares habidos e por haber nos trescentos mil millóns de celebracións que hai polo país, tivo a ocurrencia de facer a "I Festa da Pata de porco con fabas"... en pleno mes de agosto!

Ignoro se esa tradición culinaria inventada tivo continuidade.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Para festa gastronómica a "Festa do Bocadillo de bacon con queixo". Sic.
Amigo Apicultor, outra vez que vaia por Ourense léveme a ese santuario das legumes, modestas viandas pero infinitamente mellores que calquera melifluo linguado á meunier.

Anonimo ha detto...

Efectivamente,Apicultor,ponte de Cernadela.A mín góstame estar ó lado da ponte.Mesmo fixen un dibuxo dela.Pero un pouco máis arriba hai máis sitio,con area de praia,con aparcadoiro,área recreativa e sitio pra churrasquada.E un chiringuito de helados.

Anonimo ha detto...

Terei, logo, que invitalo a xantar a miña propia casa, previa conformidade e disposición da cociñeira especializada. Pero non o diga moi alto, porque moito me temo que se apuntaría medio mundo mundial (xa sabe como son: con tal de jalar de gorra...).

Anonimo ha detto...

Eu gárdoñe un pouco de respeto á carretera que vai de Ponteareas a MOndariz porque fai...unhos seis ou sete anos,cando a arreglaron e lle sacaron curvas,case me matéi nun accidente de tráfico por culpa da gravilla,case entrando en Mondariz-Balneario.Afortunadamente,todo quedóu nun susto,nunha roda reventada e algunhas cousas rotas no maleteteiro.O propietario da gasolineira que hai entrando é un cabaleiro.Votóume unha mán, prestóume ferramentas,e axudóume a arreglar os pequenos desperfectos.Vaia este saúdo se lée esto.