Caxigalines nella Reguera'l Campizu

16 luglio 2008

NO CANDELABRO


O venres, dentro do mítico Nabiza Rock de As Pontes e en terceiro lugar tocará o incomparable conxunto musical [encuarentena], composto, entre outros ghichos que descoñezo por completo, por un irmán meu ou, mellor dito, polo meu irmán: César. Coñecidos polo seu éxito mundial Blues Tradicional do Palique e pola súa falta absoluta de decencia moral ao encetar cancións rockeiras malia súa provecta idade, amenizarán no Heliporto da Canle IV a noite supostamente xélida de verán na vila mineira. O cantante, ou sexa Cesarín, está preocupado porque non tivo tempo para ensaiar comm'il faut: as súas obrigas como conferenciante principal dun curso de verán en Xinzo sobre figuras senlleiras de finais de imperio romano/primeiro medievo impedíronlle mellorar os riffs durante esta semán. Sirva este post para suplicarlle, desde a distancia, que me deixe facerlles os coros. Non confío, pero abofé que sería un puntazo.
[Actualización: o tal irmán anda platicando polas limias e daí o link que puxen]

6 commenti:

Anonimo ha detto...

Primeiro: é encuarentena, todoxunto, e inda mellor [encuarentena]
Segundo: decencia ningunha ou a xusta; moral, elevadísima.
Terceiro: ensaios, qué é iso?
Cuarto: vaia calor ía en Xinzo! os suevos deberon alucinar!
Quinto: Non supliques, coño, mantente firme, a esperanza é o último que se perde. Para iso estamos.
Véxovos no Heliporto da Canle IV, nas Pontes, o venres pasadas as 12 da noite. A hora dos vampiros!

Anonimo ha detto...

Por certo, [encuarentena] tamén está en www.myspace.com/aspontesencuarentena

Perdón Arumes por abusar da confianza. Da noxo, a verdade.

Anonimo ha detto...

Unha cousa habitual entre os músicos é o tentar meter no directo o último que aprendiches a facer. É o que máis che emociona, polo recente, e pensas que tamén emocionará aos outros, se os contaxias desa emoción. Pero tamén adoita a ser o que peor che sae, técnicamente. O que mellor che sae , porque fai tempo que o sabes, adoitas a tocalo sen emoción, aburrido. Qué dilema!.
Ao final, algo hai que ensaiar. Pero non demasiado. A incertidume de non saber si che vai sair ben, faise emoción contaxiosa.

R.R. ha detto...

Menos mal que existen blogs que dana información que negan os presuntos amigos como o Turmano ese. A ver se venres podo estar alá e botamos unha peza e eu fago forza para que as coristas de [encuarentena] sexan altas e guapas e elegantes coma vostede. En todo caso, que o disfruten.

Anonimo ha detto...

Di Raimundo Amador que nunca ensaia unha canción cos músicos máis de tres veces (chégalles, claro, porque están fartos de facer música). Di que a partir de aí todo empeza a soar sobreensaiado.
Nós non somos moito de ensaiar (somos "Banda repentina" para todo), pero si é certo que, cómo di xdc, chega un momento que aburre tanta repetición.
Agora ben, no escenario todo é distinto, nunca é igual dunha actuación a outra e, moito menos, igual ca un ensaio. "Siento que el equipo aquel nunca suena igual, qué misterio habrá" cantaba MR nos oitenta e é certo 100%. E o público, miña madriña, iso si que é outra historia e outro misterio. É moi jodido, o público. Pero cando ves a un tipo movéndose ao ritmo que lle marcas, inda que sexa a cabeza ou un pé, cando ves que está escoitando a túa canción, que atende, que lle gusta... Por favor! Que non acabe nunca!

Anonimo ha detto...

E o tipo ese que non che sea amigo, ou da familia. Sí que é jodido,sí.