Hai veces que saen desde o máis fondo da memoria palabras sen vir a conto, coma convidadas por sorpresa. Con elas veñen enganchadas outras que con estrépito anuncian fervenza de lembranzas. Hoxe saiu Mozarowski. E con Mozarowski, o seu nome: Sandra. E con Sandra Mozarowski, non sei como, Inma de Santis. E con Inma de Santis, Patricia Adriani. Emma Suárez apareceu rápidamente á calor destes nomes. E, finalmente, como colofón e corolario, Ornella Muti. Menos mal que chegou o camareiro co prato combinado. Aquilo estábase a convertir nun ataque masivo de nostalxia hormonal adolescente. Ai Mozarowski, Mozarowski!
2 commenti:
Hai unha terrible lenda sobre esta moza e o seu asasinato que seguramente coñezas
Pois si. Alimentada pola cada vez máis frecuente capacidade da opinión pública por fantasear. Pero foi unha pena.
Posta un commento