Caxigalines nella Reguera'l Campizu

30 luglio 2008

O (EXCELSO) CEO DE VIGO






Teño unha pequena teima: a de mirar para o alto dos edificios. E sobre todo en Vigo, cidade maltratada polos visitantes que só teñen ollos para o máis superficial. Unha ollada a estes edificios senlleiros con este sol marabilloso certifica a extraordinaria arquitectura viguesa, case descoñecida para os propios habitantes. 
Non sei se mañán poderei engadir unha entrada máis. Se non é así, deséxovos boas vacacións. Tomarei un martini no Harry's Bar ás súas saúdes.

3 commenti:

Nuca ha detto...

a ver si de tanto mirar para arriba vaste comer unha hostia. Anda amodo rapaz

bouzafria ha detto...

Si, ás veces é un azul turquesa como eu nunca vin noutro lugar.
En canto á arquitectura, Vigo ten a cualidade de xuntar o excelso e o grotesco nuns poucos metros.
Supoño que terá vostede o libro "a cidade perdida". Dan gañas de chorar o ver o que foi e se perdeu e nunca máis vai ser.
Boas ferias.

Anonimo ha detto...

Cánta razón ten, amigo Bouzafría, pero coma esta cualidade é a que destacan os nosos visitantes, eu quería magnificar a outra. Pero un nunca perde a perspectiva contradictoria e complexa desta cidade.
Boísimas ferias tamén para vocé.