Caxigalines nella Reguera'l Campizu
26 agosto 2008
ASTURIES A CORAZÓN CHEO
Comezo polo final o retorno do grand tour veneziano. E resulta obriga esencial resaltar a beleza deste palazzo da sidra, en Villaviciosa. Se algunha vez desfrutan da fermosura da ría de Villaviciosa, invulnerable á desfeita que tanto nalgunhas partes de Cantabria (Castro Urdiales, Laredo) como na Mariña lucense (pánico daba hoxe pasar por alí coas infinitas urbanizacións ademáis paradas, a medio facer), non deixen de xantar neste reducto doutro tempo: teitos elevados, fotos dos anos 60 (penduradas, digamos, naquelas datas), sidra botada ao chan (sen serrín) e cheiro inconfundible a un cabrales excelso e a oricios. Para remate da viaxe, un fasto inesquecible. Gracias, como non, a Chiti e a Colo. Un bico para eles que, de seguro, mañán suben, coma sempre, a ver o Picu Urriellu.
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
2 commenti:
Benvido de novo. Agardamos ansiosos polas súas crónicas stendhalianas.
¡Benvolvido! A parada final para sidra é mostra de intelixencia, supoño que foi suxerencia dalgunha acompañante ;-D
O susto da Mariña lucense, estea preparado, ha de medrar cando eses centos de edificios leven anos e sigan sen rematar...
Posta un commento