Caxigalines nella Reguera'l Campizu

10 marzo 2008

A APOTEOSE DA LEI D'HONDT: A MIÑA REFLEXIÓN




A apoteose da lei d'Hondt esgotou as escasas forzas de Esquerda Unida. Esa é a miña primeira reflexión da xornada electoral de onte. Os poucos folgos, repartidos en miudas expiracións ao longo das provincias, non foron capaces de conquerir cadeira, teléfono e táboa para pousar os pensamentos de esquerda. Agora, con só 22 euros por voto nas circunscripcións onde quitaron deputado, miran e tratan de explicar cómo case un millón de persoas valen só por dúas butacas, como din nos teatros, de limitada visibilidade no Congreso.


A mesma lei d'Hondt multiplica os once millóns do PSOE por 75 veces máis ca EU. E reduce os 120.000 votos perdidos polo PNV sobre un anterior de 320.000 (máis dun tercio de perda) a disminución dun só deputado. E os 145.000 de Coalición Canaria ao mesmo confort de dous escanos tapizados. CiU, perdendo votos, coloca un deputado máis no congreso, na curva emblemática do centro, cun Duran i Lleida pálido e esgotado.


A segunda grande noticia das eleccións é a debacle de Esquerra Republicana de Catalunya. Difícil atopar caída semellante nos anais da democracia. Canta The Cure hoxe en Barcelona: unha amiga envía unha chamada e soa Boys don't cry. Acompañar a PSC (increíble victoria a pesar de aves, cercanías, carmelos, débeda histórica e Estatut ma non troppo) e a ICV non pode explicalo todo. Rexeitar o Estatut, tampouco. Moderar a ledaiña de independencia, murmurada estes anos coa boca pequena, non debe ser a razón. Aínda hoxe han estar en exploración desnortada na busca dos máis de 350.000 votos perdidos que deben andar en ningures.


A terceira nova é a abraiante fuga de 120.000 votos de PNV tamén cara a ningures. Sen contarmos as perdas de votos significativas (non absorbidas pola abstención voluntaria que se cifra no 10%) en EA (que perde deputado) ou en Aralar. Ibarretxe terá difícil presentar esa frondosa foral en outono con semellante apoio de 200.000 persoas e co 38% exhibido polo PSE como marca do seu triunfo e da súa noviña hexemonía. Ezker Batua perde, ademáis doutras cousas que os seus correlixionarios non só rexeitan senon mesmo ignoran (como se soubo coa alianza con ANV), apoio de votos. En total, os gobernantes de Ajuria Enea sufren un claro castigo que eu non sei interpretar cabalmente a menos que entenda que os vascos deixan de ser na súa maioría convencidos nacionalistas para pasar a ser nacionalistas ocasionais. Que, en calquera caso, resulta sempre moi interesante.


Esto último leva a Galicia. O PP mantén unha notabilísima presencia en todo o territorio. Perde votos, eso si, por perder o poder, pero conserva unha porcentaxe próxima ao 50% que hai que ter sempre en conta. Non me gustan, en xeral, as análises que desprecian os seus resultados. Así pasou nas municipais e siguen aí cunha marxe ben nutrida de votos. O PSOE afianza, pero non suma en exceso: non sei se será o orballo que vai calando miudiño. pero aínda parece lonxe de superar ao PP. Precisa algo máis: demasiado necesitado de pulos exteriores que logo non sirven de grande cousa. Certos alcaldes, como o meu, en nada contribúen á arelada subida. O BNG estanca. Pode argüir polarización, magnificación dos líderes nacionais, desembarco mediático. Terá razón, pero, comparado coas municipais ou coas autonómicas, un 12% semella cutre. Tamén pode pasar, como no caso anterior, que os votantes nacionalistas dan de vez en cando un paseo polo sucursalismo rampante. O que debería, creo eu, preocupar aos dirixentes da Avenida Rodríguez de Viguri.


En todo caso, o que parece máis que evidente de todas estas eleccións é que o Partido Regionalista de Guadalajara debe convocar de inmediato unha asamblea extraordinaria para paliar a sangría de votos: pasar de 300 votos a 151 pode resultar nefasto para o futuro dun partido que xa non enche nin o coso de Brihuega.

18 commenti:

Anonimo ha detto...

Eu directamente xa me cagaría na lei don, directamente, digo. É unha lei aplicada no sistema electoral español por mor das esixencias de Fraga e os seus acólitos franquistas, que anglofilias aparte, non concebían a existencia dun goberno non estable e forte (non confudir goberno con estado, por favor). Esto levounos a escoller un sistema que favorece ás maiorías e ao bipartidismo quemecagoensuputamadre. Aí, efectivamente, coláronse as minorías nacionalistas, que se cren moi listas, pero que aos poucos van ir seguindo o mesmo camiño dos partidos minoritarios de ámbito nacional, e se non, ao tempo. Aposto o collón esquerdo.
O BNG (e ER está exactamente nese mesmo caso, fagan as contas), que cos seus 2 escanos con pouco máis de 200 mil votos xa se cre o rei do mambo e escarállase do millón de votos de Llamazares, debería decatarse de que "gracias" a este marabilloso sistema electoral, os seus escanos costan o 50% máis (ou por dicilo doutro xeito, que os seus votantes "valen" un 30% menos)que os do PP de G (104 mil por 70 mil), o que provoca que, mentres que o PP ten "só" 3'5 veces máis votos, acada 5'5 veces máis escanos, o que, se non fallan as mates, significaría que nun sistema máis proporcional (debería dicir simplemente proporcional, xa que a lei don non o é en absoluto) o PP debería darlle un dos seus escanos ao BNG. Logo o PP non sería o partido maioritario e o BNG elevaría sustancialmente (nun tercio, case nada) a súa representación e a súa forza (ademais de darlle aos seus votantes a representación que realmente requiren e merecen, que é do que se trata, a non ser, claro, que pensemos que os máis de 50 mil votantes que suma o BNG en Lugo e Ourense son tan gilipollas como os de EU, que ao mellor e o que pensamos).
Repito: señores do BNG, de ER, do PNV e de maríasantísima, cando as barbas do seu veciño vexan cortar... Se eu fora vostedes o primeiro que faría sería tentar cambiar un sistema que os (nos) vai mandar ao carallo nuns poucos anos.

R.R. ha detto...

Señores Arume e Turmano: eu quero tomar unha boa botella de viño con vostedes dous sentados na mesma mesa e seguir aprendendo. A hostia, completamente de acordo cos dous.
O de EU/IU/comocarallosechameiso paréceme delictivo: que case un millón de votos vaian polo retrete debera preocupar incluso ós que se regodean en que eles sacan dez veces máis.
A min, de todas formas, o que máis me preocupa, como ó señor Arume, é o do Partido Regionalista de Guadalajara. Esixo dimisións.

NOTa: a secuencia de letras que hai que escribir para publicar comentario dime que sssovsss (mándame calar, vaia). Para min que a CIA controla estes rollos.

Anonimo ha detto...

Perdone la intromisión, pero en nombre del PRGu (así, con Gu, para evitar confusiones), tengo que decirle que nuestro partido no se presentó a las elecciones de 2004, por lo que le ruego que antes de hacer ningún tipo de comentario gratuito sobre nuestra formación se informe debidamente.
Por otro lado, y como veo que les hace mucha gracia, deseo dejar constancia de que el nuestro es un partido serio que no tiene más fin en su acción política que el de garantizar, desde la máxima responsabilidad, la gobernabilidad del estado español, eso sí, poniendo el acento en las que creemos justas reivindicaciones sobre los hechos diferenciales de nuestra región, que no, como algunos pretenden, provincia.

Caminamos en ese sentido con firmeza y resolución, a pesar de las dificultades que nos impone este sistema electoral (como bien señalan ustedes, aunque reconocerán que con un lenguaje asaz soez) que ha impedido a nuestra candidatura alcanzar una justa representación a pesar de esos 151 votos.
Finalmente, decir a todos aquellos que piensen como nosotros, que encontrarán en el PRGu un fiel aliado, y que de no ser así, no podrán esperar más que una tan firme como leal oposición.

D. Antonio Manuel Llano y Laguna
Presidente del PRGu

Anonimo ha detto...

Querido amigo don Antonio Manuel Llano y Laguna. As informacións proceden da web do ministerio www.generales2008.mir.es onde vostede pode mirar o dato. Pode estar entón equivocado o ministerio, non eu.
Por suposto, sexa vostede benvido a esta casa na que somos máis asaces que soeces. E se non que llo digan ao que anda falsificando chans e lagoas.

Anonimo ha detto...

Observo con desagrado su comentario sobre la evolución de nuestro partido y el traidor que se arroga la presidencia del partido, Antonio Manuel Llano y Laguna, anterior presidente, no escindido y si expulsado de la organización.
Por el contrario a lo que expresa el desviado, nosotros somos un partido cantonalista que defendemos la autonomía uniprovincial de Guadalajara, que es de continuo masacrada por el centralismo Toledano, el califa José Bono y sus adláteres.
Daré orden a mis abogados para que procedan contra Vd. por injuriar a nuestra organización

Anonimo ha detto...

En primer lugar me gustaría pedir perdón al Sr. Arumes porque, efectivamente, el error, que existe, es del Ministerio, no del mantenedor de este dignísimo blog, por el que aprovecho para felicitarlo. Lo diré también que gracias a usted hemos tenido conocimiento de dicho error y hemos podido ponernos en contacto con el Ministerio, donde nos han asegurado que será corregido en breve.
En cuanto a este señor que se hace pasar por presidente de un supuesto "partido regionalista de guadalajara", según él auténtico, sólo le diré que lo primero que debería hacer una persona educada es identificarse, tal y como yo he hecho. Mientras no le haga no me dignaré a contestarlo ya que me encontraría en una situación de indefensión que no estoy dispuesto a admitir bajo ningún concepto.
En todo caso quisiera aclararlo que el PRGu nunca ha defendido la autonomía uniprovincial ya que, como se ha dicho más arriba, este partido que presido después de haber sido elegido, lo recuerdo, por la mayor diferencia de votos en toda la historia del partido, digo, este partido rechaza de pleno la tan bonapartista como centralista definición de "provincia" para Guadalajara (como ve yo le escribo con mayúsculas) y defiende la de región, por supuesto, autónoma.

Viva Guadalajara!

D. Antonio Manuel Llano y Laguna
Presidente del PRGu

SurOeste ha detto...

Ui, ui, señor Arume, esta deriva que está tomando a súa caixa de comentarios resúltame familiar. Teña coiidado que lle afunde o blog.

Anonimo ha detto...

A pesar de que ya le anuncié que tendrá noticias de mis Abogados, le conmino a que proceda a retirar los comentarios del o los que se arroguen la legitimidad del auténtico Partido Regionalista de Guadalajara.
Tendría que empezar diciendo que el que dice ser el Presidente, Antonio Manuel Llano y Laguna, no tiene profesión conocida, aunque es propietario de casi todos los molinos de latrocinio que adornan el Sur de nuestra querida provincia, y no estoy en disposición de afirmarlo pero reto a todos los lectores de tan expléndido blog que Llano y Laguna figura en los primeros lugar del RAI castellano-manchego.
Llevémonos bien pues y no le haga caso y borre los comentarios del que es un intruso, un traidor, un tránsfuga del auténtico partido regionalista de Guadalajara.

CARPE DIEM ha detto...

Un bico
Pasabame por eiquí.
=)

Anonimo ha detto...

Viva Guadalajara

Anonimo ha detto...

Sr. Doctor Administrador:
Le informo que por las alertas de Internet del Estado de Jalisco y concretamente de Guadalajara, capital del Estado, que presido sigo con atención la polémica surgida en relación a las elecciones generales habidas en su país, en tanto que nos solicitaron fondos para la campaña electoral y en este momento dudamos que tuvieran un destino acorde con nuestras intenciones y propósitos.
Su más ferviente admirador, no dude en visitarnos si viaja a nuestro Estado.
Ilegible

Zerovacas ha detto...

Pois ía comentar algo sobre o necesario da presenza de EU na política estatal e galega, pero visto o anterior, só podo estar con vostede en berrar: Viva Guadalajara!!!

Anonimo ha detto...

Perdone de nuevo la intromisión, pero veo que este interfecto insiste en sus insultos y descalificaciones, y sigue haciéndole, a modo de bandolero serrano, a cara cubierta. Debería dar la cara para que todos pudieran comprobar la calidad del hormigón armado guadalajareño.
De todas formas, creo que es obvio de quien se trata, y veo que todavía no ha digerido que fuera yo el impulsor de la idea de la creación de una red de escuelas infantiles (conocidas aquí como guadalaescuelas) para la región, mientras que él lo único que fue capaz de hacer fue, aprovechando su corpulencia, cambiar el cartel de su despacho para darse más importancia.

Antonio Manuel Llano y Laguna
Presidente del PRGu

Anonimo ha detto...

Está ben, oh! Esto é un auténtico boicot! Xa non é só que El Pais fixera onte as mesmas contas ca min (co que me costou facelas e xa estaban feitas e publicadas desde a mañanciña!) e viñera dicir tamén máis ou menos o mesmo, quitándo ao meu comentario calquera risco de orixinalidade, se non que estes de Guadalajara están empeñados en centrar a atención afastándoa do seu magnífico pos e do meu non menos magnífico comentario. E inda por riba Zerovacas bótase atrás...

Anonimo ha detto...

Por se non o sabe o propietario deste blog e demais concorrentes, eu, Victor D’Hondt, nacido en Bélxica, morrín en 1901.

Polo tanto, dificilmente puiden ter "apoteose" ningunha cando levo máis de cen anos criando malvas. Rogo, en consecuencia, que deixen de atribuirme todos os males, reais ou ficticios, da democracia española. Está un máis que farto de que cando chegan as eleccións na pel de touro todo o mundo se lembre dos meus proxenitores. Eu non lle teño nada que ver cos seus problemas, meus señores! O que eu propuxen nun malfadado día non foi ningunha "lei", senón un sistema de asignación de escanos. Desde aquela non me trouxo máis ca disgustos. Pero eu, repito, sónlles inocente, polo que, por favor, non me carguen cos seus problemas.

Atentamente,

Victor D’Hondt

Anonimo ha detto...

Si, si. Un sistema de asignación de escanos. Vostede non contaba que feita a lei d'Hondt feita a trampa d'Hondt. Vostede non contaba coa circunscripción, coa provincia napoleonica (así, en maño), para que a perversión for máxima. Viva Cartagena e o Bierzo lliure.

Anonimo ha detto...

Aí Arumes falou con lingua de sabiduría. Aquí a cuestión non está só na leidón, senón na circuncisión provincial, que deixa tan pouco prepucio que non dá para tapar todo o capuglio. O que necesitamos é unha leidón corrixida e circuncisións máis xenerosas ou con máis escanos.
Ah! Esquecíao: listas abertas xa!

Anonimo ha detto...

"Circuncisións máis xenerosas"?

Iso si que non ten nada que ver comigo, pois non son xudeo.

Até aí podiamos chegar...