Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 giugno 2007

ÍNFULAS LÉXICAS

Hoxe pola mañán fun ao dentista. E cando dixen esto en voz alta, reparei en que quizáis estaba sendo antigo de máis. Agora a xente di: estomátologo, ortodoncista, implantólogo, odontólogo. Pero quen di dentista? Pasa o mesmo con callista: prefírese podólogo. E o colmo é escoitar de alguén que fai as análises nos laboratorios dos hospitais que é anatomopatólogo. Con retranca, ás veces recrimino estes usos esnobs, pero sempre me atopo coa faciana estrañada de quen pensa: "menudo ignorante". Esto da transformación de certas palabras secas en palabras con ínfulas é materia a estudiar. A última miña foi entrar a cortar o pelo nunha peluquería e escoitar ao recepcionista (que, por certo, recibe e non recepciona) preguntar: "que estilista prefire?". Agora ben, sempre hai unha excepción para esta regla absurda: a de recuperar vellas palabras que, por este mesmo prurito ,estiveron a piques de desapareceren. O meu curmán, mentres facía a carreira e despois de rematar, foi sempre requintado ATS; agora volve a ser o enfermeiro que antes negaba ser. O que todos deciamos na casa.

10 commenti:

occam ha detto...

A ver señor Arumes, a ver:

1: Hoxe eu tamén fun o dentista e como non foi que de rematar, teño que voltar a tortura mañán. Ou sexa, que estou fodido e ca bouca aberta.

2: Chámase recepcionista porque se se chamara recibidor poderían trabucalo cun moble ou con unha posturita

3: Ainda que lle pareza que está na última indo o estilista, debe saber que agora en certas perruquerías hai xa sicoestetas. Diferéncianse dos seus en que adaptan o estilo do peiteado a persoalidade do cliente.

4: Non sei como o fixo pero un amigo envioume a mesma ilustración dos homúnculos ca que estapa preparando un post.

besbellinha ha detto...

Para min dentistas de toda a vida e DUE o resto, anque me gusta máis o de enfermeiros. Sobre os recepcionistas...son aqueles que te atenden, e segundo o trato pois hainos que atenden ou que pasan de ti directamente.

De la Highway 61 ha detto...

Falaba Cela (cando falaba) de obispos auxiliares de terceira para referirse aos párrocos. En fin.
Sr. Occam, inxenioso coma sempre, preferindo recepcionar e non recibir. Descoñecía o do sicoesteta, non sei se é brincadeira, pero semella traballo difícil.
En canto ao dos homúnculos eu pensei que eran distintos tipos de espermatozoides, ou é que é o mesmo?
Besbe: que é DUE?

occam ha detto...

Sr. de la H61.

Segundo a wikipedia:

El término homúnculo fue posteriormente usado en la discusión de la concepción y el nacimiento. En 1694, Nicolas Hartsoeker descubrió «animalúnculos» en el esperma de humanos y otros animales. La escasa resolución de aquellos primeros microscopios hizo parecer que la cabeza del espermatozoide era un hombre completo en miniatura. A raíz de ahí se desataron las teorías que afirmaban que el esperma era de hecho un «hombre pequeño» (homúnculo) que se ponía dentro de una mujer para que creciese hasta ser un niño; éstos llegarían más tarde a ser conocidos como los espermistas. Se pensaba que ya desde Adán estaba enclaustrada toda la humanidad, que se iría transmitiendo a su descendencia. Esta teoría biológica permitía explicar de forma coherente muchos de los misterios de la concepción (por ejemplo, por qué necesita de dos). Sin embargo más tarde se señaló que si el esperma era un homúnculo, idéntico a un adulto en todo salvo en el tamaño, entonces el homúnculo debía tener su propio esperma. Esto llevó a una reducción al absurdo, con una cadena de homúnculos «siempre hacia abajo».



Como pode ver, un tema estrela para meu blog

marcos valcarcel ha detto...

Moi interesante a disertación sobre os homúnculos. Das ínfulas léxicas os ensinantes temos boas mostras e abundantes: a min aínda me dá o riso cando leo nalgún papel iso de "segmento de lecer" para chamarlle ó recreo e cousas semellantes.

De la Highway 61 ha detto...

Virgin Mary!, Occam. Esto si que é erudición. Está moi ben esto de perder o tempo aprendendo. Entre o do futuro e os verbos compostos e agora esto, esta semana foi fructífera de máis.

Lula Fortune ha detto...

Me quito el cráneo señor Occam.E eu que pensei que os homes facían "plin" e xa está.

De la Highway 61 ha detto...

Perdón, "plin" farao Sailor, "o cicatrices". Outros facemos máis ruído.

besbe ha detto...

DUE diplomado universitario en enfermería se non me engano, de la highway. E agora que o penso creo que non é o mesmo que un ATS, ou si?

torredebabel ha detto...

como di Marcos, nas universidades os alumnos compensan a carencia de coñecemento co uso e abuso de verbas que xa van quedando gastadas e baleiras: problemática / fenómeno / articulación (bueno, anotoas en castelán porque non sei cales serán as palabras en galego para o caso).