Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 aprile 2009

COMENTARISTAS


Escolma de eséxeses:
 
1. Barreiro admite escaso vó no discurso de Feijoo e, cunha moderación non exhibida hai catro anos cando declarou "La era Fraga ha terminado. El «cambio galego» es ya una evidencia. Y una gran parte de la élite empresarial y social empieza a pensar que Touriño y Quintana tienen más carisma del que se les atribuía antes del 19-J. Es el cambio en su dimensión más política y más cruda: a rey muerto, rey puesto", conclúe agora que "Y por eso no seré yo quien me declare defraudado por un acto que ya es, después de ocho elecciones, típico y tópico. Porque para romper esta inercia no basta la inteligencia. También se necesita tener conciencia de un cambio histórico que esta vez, creo, no se va a producir".  
2. Blanco Valdés viu corrección formal e propósito de rexeneración democrática en Núñez Feijoo como hai catro anos os viu en Touriño: "Las competencias que tiene nuestra Comunidad en esos ámbitos, y en otros muchos que influyen en el bienestar -o el malestar- de los gallegos, son más que suficientes para que el cambio de mayoría, si ha de notarse, se note en poco tiempo. Pero si ese cambio fuera sólo para enredarnos con las obsesiones recurrentes de los únicos que el 19 de junio fueron derrotados -los socios nacionalistas de la Xunta- habremos hecho un pan como unas tortas. Touriño lo sabe". Tanto agora como daquela, non faltou a agardada saeta contra o identitarismo nacionalista: o último párrafo do seu comentario de hoxe tróuxome confusos aires, non coñecendo persoalmente ao autor, de divertimento provocateur: "Fue una pena, por eso, que desaprovechara la ocasión de pronunciar una parte de su discurso en castellano para confirmar plenamente, de ese modo, que con él comienza una nueva etapa en la historia autonómica gallega"
3. Carlos Luis Rodríguez pareceu demasiado entusiasmado co desmarque liberal (cidadanía contra Pobo) do novo presidente para o seu habitual talante escéptico cuasidisplicente. Debe cumprir, imaxino, co seu papel de intelectual orgánico do semprecentrismo pepeiro. E de paso retornar o xornal, antes levemente aberto ás inquedanzas bipartitas polo que dirán (e polo que puideran soltar), ao seu lugar natural de sempre. Pero a ver canto tempo tarda en estrar vitriolo, que de xabonaduras non se vive.
4. Ánxel Vence, da mesma estirpe escéptica, pero con irrefrenables querencias pola sátira, celebra o máisdomesmo, o aborrecemento do ritual, cunha palabra ademáis que eu tamén empreguei onte, o do dejà vu. Vese que os dous temos as mesmas parolachas culturetas in mente para saírmos do paso. Pero a el aínda lle viu algo novo. Debeu estar máis atento ca min ou está perdendo facultades para o escarnio que fai con tanto xeito noutrora.
5. Haivos outros comentaristas impresos, pero de tan inanes as súas opinións apenas merecen ser nomeadas. 
Sorprende non obstante que as empresas xornalísticas galegas (agás a odiada Voz, que de ecuanimidade pode que non saiba moito pero de xornalismo sabe lahostiaenverso) non teñan un corpo rexo de opinantes dispostos a marcar liñas sólidas de interpretación do mundo. Pode haber certo temor a ser demasiado explícitos e perder posición no mercado editorial cos novos tempos (todo un síntoma da política de comunicación dos últimos anos). Pero hoxendía son os comentaristas os que definen e singularizan o rumbo (e o extravío, por certo) dun diario.
Parece obrigado nestes casos acudir a certos blogs para atopar outras perspectivas perspicaces ou alomenos artelladas para explicarmos este tempo.    

2 commenti:

Anonimo ha detto...

Verbo dos opinadores o luns en "Hai debate" abriron coa tríada Luís Villamor (La Voz de Galicia) Blanco Valdés (La Voz de Galicia), Carlos Luís Rodríguez, o predecesor de Blanco Valdés en... La Voz de Galicia. Noto querencia polo medio en quen en xa perderá o seu posto de traballo (en parte) grazas a ese medio/empresa de propaganda. Será un placer estético e unha aventura intelectual seguir lendo a Blanco Valdés e a ver se hai sorte e don Santiago nos obsequia con máis "Yo protesto".
Vicente Loureiro

Brétemas ha detto...

http://bretemas.blogaliza.org/2009/04/15/selo-violeta/