Neste blog fixen recensión encomiástica de Festina Lente, unha novela de corte histórico que reúne os ingredientes principais de toda narración seductora: uns personaxes ben construídos, cun Ambrosio memorable, unha trama de intriga e suspense, uns espazos recoñecibles pintados con detalle, uns excursos de erudición temprada, uns pasaxes de demora lírica e, sobre todo, unha linguaxe poética de cuidada factura.
Pois ben, os membros da Sección da Crítica da AELG propoñen hoxe a novela de Marcos Calveiro para competir polo Premio da Crítica 2008.
Augúrolle éxito seguro: o precedente de Helena de Carlos o ano pasado faime ter as miñas íntimas esperanzas.
Nota: non esquezo a Chus Pato. Vai xa reservado un post para ela.
1 commento:
Obrigado,Arume. Temos pendeste unhas cervexas e uns libros.
Posta un commento