Caxigalines nella Reguera'l Campizu

31 agosto 2009

EROTISMO NO VATICANO

O proceso de aggiornamento da igrexa católica aínda non chegou aos cartaces prohibidores. Este é un dos que perviven á entrada nada menos que da Basílica de Sampedro. As ilustracións, con seren confusas, parecen apuntar a ombreiros e pernas (hai un guiño mesmo a Tristana* coa perna desprendida) como causantes de desarreglos hormonais en templos. Resulta curioso comprobar cómo unha adolescente debe poñer un tocado para tapar (aínda que transparenten) os ombreiros, pero pode entrar un harekrishna co embigo de crines ao ar. Pode unha muller amosar o canal de panamá como teño eu visto con ledicia e gran razón á vista da canícula romana, pero non a clavícula sobresainte nos ombreiros. Que fai máis deleitoso o ombreiro ca un peito? Que ten un xionllo que non teña a parte interior do cóbado? Excita máis un muslo ca un asomo de pelo (aínda que canoso) en peito? 
Eu creo que as autoridades eclesiásticas colocan ás entradas das basílicas aos tipos máis saídos da congregación: a súa mirada impertérrita os delata. Aguantan como campións as embestidas da carne, pero, arrecarallo, saben ben o que pon e o que deixa de poñer. O arbitrio pasa pola entreperna, ad portam dei.

*Gracias, Bouzafría: vexo todos os anos, por razóns académicas, Tristana, pero a imaxe do nome da vinateca (sic) que rexenta Sergi López na película de Coixet confundiume.   

3 commenti:

L´Esbarzer ha detto...

Ay, hace mil años que estuve en Florencia, pero recuerdo que para entrar al Duomo a mi pareja y a mí, nos pusieron una especie de ponchos verdes de papel. Parecíamos médicos en un quirófano, y ¿qué hicimos? salir corriendo de allí para ir a jugar a médicos, jejeje.
Ya sabes, los católicos a veces tienen el sexo infinitamente más presente que los simples mortales.
Saludos

Ana Bande ha detto...

venme á cabeza aquela imaxe tan surrealisa coma real que un día lle contei que vin en Bouzas...mágoa non levar cámara de video, ía ser un documento extraordinario poder ollar outra vez aquella vella espida e mollada recén saída do mar entrando en plena misa maior camiñando cara o altar en medio da ollada atónita dos feligreses....

bouzafria ha detto...

Viridiana?
Desculpe Arume, pero supoño que será Tristana.