Caxigalines nella Reguera'l Campizu

22 novembre 2009

HELLO SAFERIDE, DAWN LANDES, BASIA BULAT

Para Luna e Rubén. 
Fóra vai frío. Se cadra neva. A saraiba rodea os cristais e un aroma a café ou a té invade o cuarto de paredes de madeira. A chimenea está encesa e na cama, nun edredón branco inmaculado, durme ela. É domingo e as xanelas deixan pasar a luz intensa da mañán.
No porche vai un día de xuño. Tomas un camiño cara o río. Cruzas a vía do tren e entras por un bosque de bidueiros. Vas descalzo ou sintes a lama antes de lanzarte á corriente. O sol empeza a fuxir polo horizonte. O solpor aínda quece o teu corpo espido. 
Cae unha folla bermella. Abrazas un corpo que comeza a sentir a friaxe do serán. Miras as arbres sen pronunciar palabra. As ponlas libran unha pequena lea sen folgos. Co paso do tempo, un intenso vento levanta herba e flores. Non te das levantado. Durmes apertado cun pequeno vals nos ollos. 

2 commenti:

Voz en off ha detto...

Deliciosa crónica dun domingo de lecer, dunha amable preguiza e das catro raiolas de sol que hoxe iluminaron Vigo. Tamén me gusta a foto.

Ana Bande ha detto...

As ponlas libran unha pequena lea sen folgos...mmmmmmm....¡precioso! eu non puiden estar canda vós pero disfrutei tamén dun concerto magnífico. Bicazo!