Caxigalines nella Reguera'l Campizu

27 febbraio 2010

FACHENDA PATERNA


Gracias á Carolina fago este cambio de look do blog: foto e deseño da portada son dela. Espero que guste esta renovación en pleno temporal case perfecto.

10 commenti:

Serendipia ha detto...

pois a min encántame

Confusion ha detto...

A min gústame, apesar de ser moi italianófilo ;)

Claudio Magris ha detto...

Quedouche monísimo, Arume, moi elegante e posmoderno. Se es capaz de enchelo con contidos á altura do continente,a ALEG premiará o teu Blog o ano que ven. Hai premios para todos.

Anonimo ha detto...

Moi ben, si. Pensou mudar o fondo negro?

arume dos piñeiros ha detto...

Moitas gracias. Pero é a cativa a que o fixo. Quedei sorprendido, a verdade.

Delapierre ha detto...

Co ben que se move vostede en castelán, por que dunha puñetera vez non deixa o galego, idioma de paletos e retrasados mentais, e así lle dara gusto a moitos dos que veñen por estas Orchestral Manoeuvres in the Dark.
Felicite a Carolina, e asegúrese de que o piñeiro da foto aínda está en pé.

Balonga ha detto...
Questo commento è stato eliminato dall'autore.
Balonga ha detto...

Os arumes son verdes ou fouveiros, isto é a Revolta, de Abril ou xeracional. Viva o arco da vella.

ms ha detto...

Dedicated a todos os ciberirmandiños da fala:

Os ciberirmandiños
Milleiros de persoas colaboran desinteresadamente na galeguización de Internet

XOSÉ MANUEL PEREIRO 26/02/2010

Saben que a enciclopedia de referencia en Internet, a Wikipedia, ten en galego a décima parte dos artigos que en español, pese a que a porcentaxe de galegofalantes no mundo é 0,7% da de hispano falantes? Que hai aplicacións informáticas que se traducen antes ao noso idioma que ao francés ou ao alemán? Que tamén está traducida Facebook, a rede social que tende a ter tantos membros no mundo como usuarios de Internet, e na súa irmá emerxente, Twitter, o galego está entre os 20 idiomas máis usados? O idioma propio de Galicia ten unha presenza na Rede moito máis elevada que nos medios de difusión tradicionais, e todo iso non con subvencións oficiais, como reza o mantra neoliberal, senón grazas ao esforzo desinteresado de milleiros de persoas.

Todo comezou nunha época tan prehistórica en Internet como principios dos 90. Unha das primeiras asociacións, aínda vixente, é a Ciberirmandade da Fala, que fundou Camilo Regueiro. Daquela había 300 webs en galego (o ano anterior eran 95). Ao seu labor de tradución do software e difusión sumouse despois Galego21, un proxecto nucleado por Antón Méixome e Susana Sotelo e o autor do primeiro programa de tradución automática, Roberto Abalde, arxentino neto de galegos. Pero o crecemento exponencial deuse coa chamada web 2.0. A Internet aberta ao uso, e non só ao consumo, de calquera, con coñecementos de informática ou sen eles, e ao chamado traballo colaborativo.

A Galipedia, a Wikipedia en galego, tiña onte a mediodía 55.792 artigos. Entre os 272 idiomas que hai, está no posto 41º por número de artigos, por riba do hindi e do grego (o primeiro é o inglés, o segundo o alemán. O español está de oitavo, con 564.304, case empatado co portugués, e por detrás do polaco e o holandés). A Galipedia creouna en marzo de 2003 Ilvi, un internauta ao que nin sequera coñecen os administradores da Galipedia, que supoñen que é estadounidense. O primeiro usuario galego, Agremon (Antonio Gregorio Montes, un ribadense de 52 anos), rexistrouse en agosto dese ano. "Eu comezara a colaborar na Wikipedia en español, pero en canto vin aquilo, sumeime e fun metendo cousas ata que desde Wikipedia me propuxeron ser administrador", di Agremon, que agora sigue formando parte da ducia de administradores que coordinan a edición en galego. "Agora está en mans de xente máis nova", di este profesor de Física que anda a promover unha rede de páxinas científicas galegas. "O mellor foi coñecer xente con ánimos de facer cousas por Galicia, e o peor, os que se foron por desavinzas e os que se meten para desfacer o que fan outros".

Hoxe hai 17.000 usuarios rexistrados, aínda que non todos editan, pero tamén hai moitos que fan artigos de forma anónima. Entre uns e outros, van xa millón e medio de edicións. "Pode parecer fachendoso, pero a Galipedia ten máis calidade que as versións española ou portuguesa, pola sinxela razón de que é máis doado controlala. Retirar da Galipedia un artigo que aseguraba que en Curtis había tres lugares con nomes de Pokemon foi doado, abonda con ir ao nomenclátor. Retiralo da Wikipedia en inglés foi moito máis traballoso", argumenta Xabier Cid, un ourensán de 34 anos residente en Escocia. Outro dos administradores, Alberte Álvarez Gil, un veciño de Salceda de Caselas que estuda en Madrid, ten mesmo recollido no seu blog unha chea de esmendrellantes achegas que houbo que retirar. Non todos os vandalismos son divertidos. Álvarez Gil recoñece que non usa demasiado a Wikipedia en español desde que perdeu o tempo tentando corrixir -en van- Rianjo e tamén porque domina o inglés e algún idioma a maiores.
(...)
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Os/ciberirmandinos/elpepuespgal/20100226elpgal_19/Tes

erre ha detto...

Non lle teño dúbidas máis que no tipo de letra. Tenlle bo gusto a "pequena"...