Caxigalines nella Reguera'l Campizu

30 novembre 2011

RADIO NACIONAL DE ESPAÑA: RADIO 5


Escoito pouco a radio: tan só no coche e menos do que me gustaría. Ao día digamos que non escoito a radio máis de corenta minutos. Sempre Radio 5, coma xa saben. Que ao principio era só noticias e unha sección que se repetía ao longo da xornada, nos tramos de cuarto de hora que máis ou menos quedaban entre recordatorio das noticias. Pero agora levan un magacín pola mañán ("La mañana en vivo") e desde primeira hora Juan Ramón Lucas (da casa matriz de Radio Nacional) presenta o seu programa "En días como hoy". A súa ronda de corresponsais (que queda na radio pública desde que o levara aquel falanxista de voz cascada que se chamaba Victoriano Fernández-Asís: teño debilidade por Dori Toribio de Nova Iork e Washington, Iñaki Díez desde Roma, e a gran Aurora Mínguez desde Berlín), as análises sobre política internacional (cun Juan Tato que explica de forma extraordinaria a situación), as entrevistas (de Gloria Cacho, excelentes) que adoitan durar uns dez ou quince minutos tranquilos, con total protagonismo para as persoas que entrevista, non necesariamente relacionados coa rabiosa actualidade (escoitei hai pouco con verdadeiro pracer a Santiago Grisolía a media mañán contando de forma relaxada case a súa vida) son exemplares para o esixible nunha radio pública. Se engadimos o clásico "Polvo eres" de Concostrina, o "Ex-tra-va-gan-za" de Paco Clavel, as pílulas sobre bandas sonoras ou sobre música soul, disco e funky ou as interesantes aportacións científicas de "A hombros de gigantes" ou "Ciencia al cubo" temos un panorama completo. Case completo, porque ademais de esquecer outros agora mesmo, non podo deixar de comentar a Crónica de Galicia, sobrio (sen as contemplacións habituais da radio comercial, algo afectada e narcisista) e profundo noticiario que vai moito máis alá da información habitual, cun nivel sobresainte de redacción e de convincente coñecemento minucioso da noticia: un auténtico pracer para un devoto da radio como medio de comunicación fascinante. 
Non me estraña nada de nada que durante a derradeira análise de audiencias, Radio Nacional de España acade o éxito que ten acadado. Calidade máxima dunha empresa pública que funciona como debe ser. Noraboa.   

8 commenti:

ms ha detto...

Radio Galega = EPIC FAIL

detective crepuscular ha detto...

Don Arumes, permítame tornar un momento á páxina anterior para dicerlle/anunciarlle/advertirlle que non sei se o artigo de Jordi Gràcia de hoxe no QUADERN de El País non será un esbozo/adianto/aviso dun próximo panfleto. Ten toda a pinta. Vostede mesmo o pode ler. Comenta Jordi Gràcia o libro de Miquel de Palol, MEDITACIONS DES DE CATALUNYA, e ponlle de cabeceira ao comentario nen mais nen menos que: OCCIDENT DECAPITAT. Xa a temos armada. Di nun momento o Jordi de Gràcia: ""No se salva ni Cristo, ni a Catalunya, ni a Espanya ni a Occident. Perquè el llibre recula cap a Catalunya com a preocupació essencial però és una encesa denúncia de la decadència integral que viu Occident respecte a un passat millor. Espanya fa de bruixota dolenta amb berruga peluda ("terra eixorca, envilida i embrutida": estèril, envilecida e montaraz) i els espanyols tiren cap a dolents còmics. No se salva la Transició, of course, ni els polítics ni els periodistes: tot és una mena "d´exèrcit d´idiotes", en espera del redemptor, i la freqüència amb que tracta a catalans i no catalans d´estúpids és ben expressiva." Menos mal que, nun rapto de sinceridade, o noso home dos panfletos virulentos confesa o seguinte: "aquesta deriva és cívicament perillosíssima, si més no per un vulgar burgès de pa sucat amb oli com jo". Vaia, vaia, rifirrafes entre "vulgares burgueses" de pa sucat amb oli? "Em sembla com a mínim poc afinat el diagnòstic de la "pobra, bruta, trista, lletja, vella covarda, desunida Catalunya", on "la vulgaritat, la incultura i l´estupidesa són valors socialment reconeguts i desitjables". Renoi."" Así lle están as cousas, don Arumes. Os ánimos embravecidos, as pixóns dialécticas a flor de panfleto, e as tesouras que xa chegaron ás piscinas das prisións (si, si, tal como o le). Acabáronse as piscinas para os presos no verao, que sube moito o gasto. Teremos que absternos de delinquir, se non queremos abrasarnos no verao entre os muros penitenciarios. Vou ter que tomar unha panfletamina para non incorrer en desordes dialécticos. A verdade é que o Miquel de Palol está últimamente que se sai. Hai un mes, mais ou menos, nunha entrevista sobre o libro en cuestión afirmaba cousas como estas: "El pensament està en fase terminal" ou "Amb un club de futbol, un cuiner i humoristes mediocres no es fa una societat". Esqueceuse das tesouras. Iso si, Miquel, métete con todo Cristo, pero retira o do Barça porque se non collémoste entre don Arumes e mais un servidor (ao Jordi Gràcia non o meto porque non sei se é culé) e abrasámoste a tesouradas. A ver.

d.c. ha detto...

Non se me vai a dúvida. Non sei se traducín ben "embrutida" por "montaraz". Deixeime levar polo "embrutecimento" e traducín "embrutida" por embrutecida, selvaxe, montaraz. Non sei se estará ben. "Brut" é falto de limpeza, porco (Vas més brut que un porc); "brutícia" é porcaría (Una casa plena de brutícia). Consulto logo "embrutar" e pon "treure la netedat" (Embruta molt la roba), e "embrutar-se" e pon "fer-se brut" (Embrutar-se les mans). Miro "embrutir" e pon "embrutar", "fer tornar algú com una bèstia"; e "embrutir-se" e pon "tornar-se com una bèstia" (Aquestes persones s´embruteixen cada dia més). Daquí deduzo que "embrutida" pode ser "suxa", "porca", ou "embrutecida", "bestializada". Filólogos cataláns ou plurinacionais do mundo inteiro: Iluminai a este pobre ignorante.

Arumes ha detto...

Este dc vén sendo fronterizo coas asturies ou os orientes bercianos. Ise iluminai delata. Ou non?

ms ha detto...

Hai alguén por aí que saiba cómo conseguir (se en libraría, se pedíndoo a algures) o novo libro de Santiago Lamas, insigne polígrafo ourensao autor de A Galicia borrosa?

ana ha detto...

o podes mercar na Casa do Libro, tamén temos exemplares na Biblioteca da uvigo.

d.c. ha detto...

Don Arumes, este d.c. é de terras alaricanas. Agora mesmo saio para o aeroporto. Vou pasar uns días á Casa da Nai, que aínda vive, pero que xa non vive na sua Casa. Saudos a todos e todas. Xa me están chamando...

ms ha detto...

Ribadeo (contorna): Pensai o que vos dea a gana, pero hoi vin ese rapacín nun chigre.

Ribadeo ("pueblo"): Pensar lo que os dea la gana, pero hoy vi a ese tío en un bareto.