Caxigalines nella Reguera'l Campizu

12 ottobre 2010

NOVATADAS DELICTIVAS: ESA REDUNDANCIA


A noticia de que unhas familias de Vigo vai demandar a un colexio maior de Madrid, dependente da Complutense, polas vexacións cometidas sobre os seus fillos baixo a forma e denominación de novatadas éncheme de ledicia polo que supón de decidida persecución dunha práctica humillante, admitida e tolerada polas distintas institucións. Nin os colexios, nin as universidades coas que manteñen relación son quen de entrar nesa especie de pacto de silencio establecido ao respecto. A posibilidade de que o que foi (ou a que foi) unha vez novato (ou novata) se convirta, pasado un ano, en torturador e en vexador de novas víctimas, favorece (por unha insólita e aberrante versión da vinganza) a escasa importancia outorgada a tales feitos. Unha especie de consentimento, cando non sorriso comprensivo, aparece cando se fala deste asunto con amigos e coñecidos: non é difícil atopar palabras de tolerancia coas que pretenden relativizar o meu escándalo e irritación indisimulada polo noxento fenómeno.
A famosa sociabilización que se pretende con estas reliquias da rancia estudiantina pode conquerirse doutras miles de maneiras. Na mente de calquera pode atopar o que se fai cando unha persoa nova entra a formar parte dun colectivo. Por que neste se manteñen estas probas de humillación, inequívocamente delictivas, completamente alonxadas dun sistema democrático de organización social?
Alégrame pois que unha familia (hoxe o mesmo xornal que destacaba a noticia amplía a súa dimensión coa esperada reacción doutros familiares máis benévolos coas vexacións ou máis parvos ou cretinos, alén de masoquistas, na consideración da educación dos seus fillos) poña en mans da xustiza unha extendida e violenta forma de dar a benvida aos novos e ás novas estudiantes no mundo universitario. Oxalá sexan moitos os denunciantes. Eu desde aquí fago os meus votos para que así sexa.

Ilustración: Cartaz satírico colocado en Padova, co curriculum universitario dunha licenciada en Ciencias da Intermediación Lingüística (unha especie de Tradución e Interpretación), típico da estudiantina italiana, e propiamente da zona de Bologna, seica, para celebrar o fin dos estudios.

9 commenti:

carrascus ha detto...

Aunque puede parecer algo forzado, la verdad es que las novatadas sirven para que los chavales de primer curso se conozcan, hagan piña y se adapten a un lugar al que acaban de aterrizar y en el que se encuentran muy perdidos... Tócate los huevos... y encima hay que estarles agradecidos porque les hagan esas novatadas.

Esas frases no están inventadas, eh; las he reproducido de lo que decía alguien de la Universidad de Pamplona en un reportaje que he leído. Y el tío que las decía seguramente hasta se lo creía y todo...

Jim Morrison ha detto...

Totalmente de acordo. A novatada é un ritual de iniciación ao conformismo consistente en que acabar por faceres o mesmo que che fixeron a ti. Máis que unha práctica de socialización é unha ceremonia de sumisión física e simbólica que internaliza a idea de que a xerarquía arbitraria e á "normalidade" social son intocables. Unha vergonza.

atónito ha detto...

De acordo, por suposto que de acordo. (Case acabei a labazas hai uns corenta anos por este mesmo motivo en Santiago). De acordo, é unha vergonza. Unha máis...

ms ha detto...

Aínda hai cousas bastante máis vergoñentas:

La Región: 584.000 gallegos se encuentran en situación de 'pobreza relativa'

Agora que están a saír os mineiros chilenos e vexo o circo mediático-comercial-e-político que está a agardar por eles fóra, acórdome da película "El gran carnaval" de Billy Wilder. Se non a viron, recoméndollela.

Anonimo ha detto...

Pois imaxínese vostede canto máis vergoñenta é en Extremadura, onde en 2008 máis do 38% da poboación vivía nesa situacion (en Galicia o 21%, segundo o INE).

ms ha detto...

Pois que a Junta de Extremadura contrate máis funcionarios, que niso son uns cracks comparados con outras autonomías.

Anonimo ha detto...

Este ms confunde churras con merinas. E como el hai moitos. Así nos vai.

ms ha detto...

Con anónimos coma ti, así vos vai a vós, si.

Anonimo ha detto...

Coido que xa están estudando o dos funcionarios. Van enviar unha delegación a Ourense.