Caxigalines nella Reguera'l Campizu

28 aprile 2011

VIGO, CIDADE BABEL


Pídenme desde o fondo dun pasillo que neste blog ou "nesa trapallada" poña noticia dun evento non consuetudinario que se aviciña no Verbum o venres día 29, con autoridades mediante: dime o propio organizador -home de enerxía, afeito á libación de zumes de tomate, que, disque, son boísimos para previr cánceres- unha visita guiada o mesmo venres así como asegura unha exposición magnífica sobre linguas miles que é o seu. Non poño o nome porque prometín discreción e porque o tal organizador é home atractivo que arrastra as masas, sobre todo as femininas polo que eu sei e me consta, e pode ateigar a sala e zonas mixtas limítrofes.
Pois iso: sarao inaugurador (non sei se haberá bloodymarys) este día 29 ás 20 horas no Verbum. Prometen unha Babel polo menos: quen sabe se non haberá unha Babilonia e varias sodomas e gomorras entre os ramallos máis tarde en Samil.

1 commento:

Anonimo ha detto...

Sabendo do seu futboleirismo, igual isto lle interesa, Arume:
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/05/01/0003_201105S1C9991.htm
:-)