Caxigalines nella Reguera'l Campizu

6 settembre 2007

TUTTO PAVAROTTI


Una furtiva lacrima...
Actualización: Gracias ao blog de Leonardo Coen, transcribo a letra de Caruso, escrita tamén para Paravotti, e inclúo o enlace cunha versión emotiva do sempre emotivo Lucianone.

Qui dove il mare luccica
e tira forte il vento
su una vecchia terrazza davanti
al golfo di Surriento,
un uomo abbraccia una ragazza
dopo che aveva pianto
poi si schiarisce la voce
e ricomincia il canto.
Te voglio bene assai e
ma tanto tanto bene sai
è una catena ormai
che scioglie il sangue
dint’e vene sai.
Vide le luci in mezzo al mare
pensò alle notti là in America
ma erano solo le lampare
e la bianca scia di un’elica;
sentì il dolore nella musi
casi alzò dal pianoforte
ma quando vide la luna
uscire da una nuvola
gli sembrò dolce anche la morte
guardò negli occhi la ragazza
quegli occhi verdi come il mare
poi all’improvviso uscì una lacrima
e lui credette di affogare.
Te voglio bene assaie
ma tanto tanto bene sai
è una catena ormai
che scioglie il sangue
dint’e vene sai.
Potenza della lirica
dove ogni dramma è un falso
che con un pò di trucco
e con la mimica
puoi diventare un altro
ma due occhi che ti guardano
così vicini e veriti fan scordare le parole
confondono i pensieri
così diventa tutto piccolo
anche le notti là in America
ti volti e vedi la tua vita
come la scia di un’elica
ma si è la vita che finisce
ma lui non ci pensò
poi tanto
anzi si sentiva già felice
e ricominciò il suo canto.
Te voglio bene assaie
ma tanto tanto bene sai
è una catena ormai
che scioglie il sangue
dint’e vene sai.dint’e vene sai.
CARUSO- Lucio Dalla

11 commenti:

Xaime ha detto...

Ainda que non son especialista, sempre gostei do Pavarotti, chegando incluso a levalo no CD do coche onde co tempo chegui a entender o significado do texto cando o facia en italiano.
Cando me erguin pola mañan lembreime do Arume desconsolado.

Xaime ha detto...
Questo commento è stato eliminato dall'autore.
Xaime ha detto...

Soame raro que non colgue un aria ou unha cancion do defunto.
Sr. Arume esta perdendo facultades ou ´´e que ten demasiado traballo ou est´´a canso da viaxe.


Por certo sabe como se pode corrixir que no seu blogue sempre teño problemas ca acentuaci``on

arume dos piñeiros ha detto...

Non son devoto da ópera, pero téñolle cariño a Pavarotti e gústame moito escoitalo. Ata o punto da bágoa. É un home simpático no sentido máis amplo da palabra.
Teño que recoñecer dúas cousas:
1. Que non sei colgar o you tube no meu blog.
2. Que, tras as dificultades, pensei que o blog con videos non me chistaba moito.
Eso si, podería poñer ligazóns, pero coma xa o fixen na solaina, non quixen abusar.
O da acentuación, non sei. Pero eu non teño ese problema.
E moitas gracias, amigo Xaime, pola súa preocupación por se perdo facultades. Se é así, por favor, fai ben en recordarmo, porque, ademáis, tendo á vagancia. Agradézollo de corazón. Procurarei mellorar.

Xaime ha detto...

Agora me explico que non é por incapacidade senón por estilo, o cal lle honra
Non lle parece raro que Xan da Coba non teña nada que dicir de Pavarotti.

occam ha detto...

Tiñabamos unha aficción común: O gusto polas señoras estupendas...

apicultor ha detto...

Tampouco son un gran enterado en ópera, aínda que polo xeral me gusta, porque é artificio feito arte. Hoxe non é doado escoitar, mesmo en casa, unha ópera completa: hai que dispor de silencio e moito tempo para un só, sentarse no sillón, coller o libreto para seguir a historia, ...

Non sendo un gran afeccionado, sempre gustei de Pavarotti. Eu, como o Xaime, tamén levei un tempo no coche unha cinta cunha selección de temas cantados por el.

En fin, unha perda.

apicultor ha detto...

Acabo de escoitar, en homenaxe, a súa versión de "Caruso" colgada no You Tube, canción que eu inevitablemente tiña na cinta que escoitaba. Sentimento, sentimentalidade e sentimentalismo todo reunido nunha canción redonda.

De la Highway 61 ha detto...

Eu non teño nin puta idea de ópera. Xa dixen moitas veces que son un ser primitivo e ignorante.
Teño unha anécdota xa coñecida, pero que é moi boa: no cumio do seu éxito popular, o gran Pavarotti daba un concerto deses ópera-remix. Acabada un aria (ou unha aria, até aquí chega a ignorancia) unha señora (enxoiada, manda a tradición) sentada nas primeiras bancadas berra: Bravo, Tutto, bravísimo.
Pois iso, bravo Tutto.

arume dos piñeiros ha detto...

Hoxe sei que o velorio do big Luciano é no duomo di Modena, unha das catedrais máis fermosas do mundo.

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
Morreu Luciano Pavarotti e eu non podo ocultar, neste intre, cando me impresiona a noticia sobre o seu pasamento, a simpatía sentida e sostida por min no tempo cara ao artista, o gran tenor italiano, fillo dun panadeiro de Módena. Talvez Pavarotti foi o máis popular dos cantantes de ópera da segunda metade do século XX, como sinalan as crónicas, mais hai que valorar especialmente a súa teima –todo un programa ético e estético– en achegar o canto lírico ao pobo, á xente, porque non só a música debe vibrar nos teatros e nos salóns para un público supostamente "refinado" e tantas veces insensíbel a calquera remuíño no sangue producido polo estremecemento dunha voz e dunha música pensada para o conxunto da humanidade. O pai de Pavarotti amaba fondamente a ópera –el mesmo era tenor afeccionado– e quixo que o seu único fillo se iniciase nos estudos do canto lírico. E Pavarotti, que chegou mesmo a traballar como vendedor de seguros –había que gañar a vida– e como mestre de escola, acabou converténdose nunha auténtica lenda da ópera. O tenor de Módena posuía un rexistro vocal de altísima calidade –sempre brillaba a cor emotiva da súa voz–, ao que se lle unía un talento innato para o espectáculo, para a acción operística. Cando foi acusado nalgún momento, dende certas posicións elitistas, de "comercial" –lembremos os grandes concertos "Os tres tenores", con Plácido Domingo e Carreras–, o artista non dubidou en aclarar que coa ópera, facendo da ópera unha música popular, tiñan chegado a 1.500 millóns de persoas. E iso non deixaba de ser revolucionario. A ópera, a alta ópera, tamén ofrecida ás masas. Nunha ocasión, entrevistado por un xornal estadounidense, Pavarotti declarou que non aceptaba o desprezo pola música denominada "pop" ou por calquera outra caste de expresións musicais creativas, véxase o "jazz". "Só hai música boa e música mala", sentenciou. Bono, líder de U2, dixo que Pavarotti constituía unha "forza da natureza". O mestre xa descansa e a forza da natureza da súa voz témola ben presente.