Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 giugno 2011

LIXO NAS BERMAS


Con esta primavera de chuvias, choivas e de calores, medraron as sebes, as silveiras, os artos de forma considerable. As autoridades de por esta zona do país decidiron hai pouco rozar as que estaban a carón das estradas e mesmo das autoestradas. O resultado dese labor, necesario nesta época do ano, é tristísimo: kilómetros (kilómetros, reitero) de basureiro incontrolado, cheo de plásticos de toda índole, de papeis e de lixo indeterminado, resulta tan vergonzoso como habitual neste país. Pode que o Estado (nas súas distintas administracións) sexa responsable da limpeza destas bermas asilvestradas, pero do que non é responsable, creo eu, é de que a xente teña a ben botar a porcallada propia nestes lugares, con total impunidade: cando desaparecen os matos durante estes meses, mírase, para indignación, a cantidade inxente de lixo que agochan.
Non coñezo eu país que faga cousa semellante. Dígoo con tanto respecto á verdade como mágoa infinita.

Nota: non resulta difícil atopar exemplos, pero a subida ao Rebullón (ese non lugar) desde Puxeiros (ese outro non lugar) pode resultar ilustrativa.

1 commento:

Anonimo ha detto...

Un agasallo:
http://xmeyre.blogaliza.org/2011/07/02/premio-sunshine-award-2011/