Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 giugno 2011

DESPEDIDA DE CORINA PORRO


Para os que sempre estimamos moito contemplar o sorriso impecable de Corina Porro é motivo de satisfacción saber que poderemos vela tranquilamente tomar unhas cañas polos mesmos bares que frecuentamos, sen o concurso axitado de correveidiles e amigos/as eufóricos que tenden a entorpecer a súa melancónica belleza. Hai que recoñecer que por fin admitiu que o seu tempo municipal era chegado despois de tres derrotas consecutivas (incluida a que transformou en victoria de rebote tras aquelarre progre). Por fin viu a luz e entendeu que a alcaldía era lembranza do pasado. Seguro que atopa axiña outra ocupación por aí, sempre desde límpidas alturas: non descarto ministerio, nin consellería. Non auguro presidencias (aínda que vontade política non lle falta) porque trala cadeira de Feijoo hai xa quen colleu o respaldo e non o solta. Soa para Área metropolitana, en caso de que este novo xoguete ofreza baza. Ou calquera cargo de semellante prosopopeia. Non o sei. En todo caso, e coa discreción que dá facelo sen ruído, apenas consumada a toma de posesión caballeresca, vaise Corina Porro. Supoño que agardou, coma eses malos dianteiros centros que xogan sempre ao fallo do defensa, a ver se o rival trabucaba o rexeite. Pero o caso é que se vai. Non vou dicir aquilo de que outros tamén podían mirarse no seu espello tras idénticas derrotas, pero hoxe é post para despedir a Corina Porro e non convén mesturar o inmiscible.*

* Creo que é a primeira vez que emprego inmiscible na miña vida. Se me gusta, repito.

7 commenti:

SurOeste ha detto...

Home o de beleza melancólica a Corina non lle vai moito (unha especie de Belle de jour?). Non, definitivamente: Corina é unha nena pera de Ferrol trasplantada felizmente para Vigo. Alguén me apuntou hai tempo nun comentario a un post que Corina era unha beleza flamboyante e pareceume moi acaído.

Eu véxoa de conselleira flamboyante charmante dentro de moi pouco.

arume dos piñeiros ha detto...

Véxoa melancónica, si. Pero non me pregunte, amiga SurOeste, por que. Cando a miro rodeada sempre de tanta xente, creo que non o pasa tan ben como semella. Pero é sempre unha miña impresión. Tamén a vexo flamboyante (ía poñer "flamante" por "impecable") e charmante (esto non tanto), pero eso, creo eu, é na superficie. O de "nena pera" había moito tempo que non o escoitaba, pero tamén pode ser. Os antecedentes e antecesores non a axudan, claro está.

SurOeste ha detto...

Catherine Deneuve, vestida de Saint Laurent, soltándose o moño na casa de citas: belísima, fría e envarada, inexplicabelmente ao alcance da man dos homes de grosa billeteira e, ao mesmo tempo inalcanzábel. Feliz e infeliz no seu papel de esposa burguesa.

Corina, sorriso perfecto, educación para señoritas, éxito –relativo– no ámbito público. Visita con cobertura mediática a centros de ensino privado. Cruzadas lingüísticas. Corina:"Yo y los de mi clase"... Fáltalle profundidade para acadar os celestiais cumes e os mouros abismos que nos mostrou a Deneuve. Se o deixa por unha boa temporada pode aproveitar para "profundizar" e "gañar altura", do contrario, temo que quede en "nena pera".

Ana Pintens ha detto...

http://www.vigoempresa.com/html/es/cover.php?id=112274

Anonimo ha detto...

A rapaza é feituquiña, diso non cabe dúbida. Non sei se melancónica ou flamboyate. O de belle de jour déixame descolocado. Pero o que máis me interesa do post é o adxetivo inmiscible. Soberbio. En forma carencial non aparece no dicinario da RAE -no galego nin o busco-. Miscible si aparece: mezclable. Pero a min achégame resonancias minxitorias. Micción, expulsión de orina. Corina. Non sei. Eu tiven unha sección moi breve no tempo nun xornal que se titulaba Os monstros da razón producen sono. Inmiscible será, logo, e, se cadra, tamén inconsútil. ¡As palabras!

NO DOY DADO ha detto...

Vai para conselleira, dígollo eu, ata me atravería a dicir que de Industria. Admítense apostas

emaesa ha detto...

Cantas Perlys Farmatint, fillas de colexio de monxas, non nos terá dado a cidade departamental!

Corina! Canto non estrañaremos o doce son da súa ben timbrada voz, a precisón libre das ataduras do dicionario do seu galego, as reunións coas damas viguesas en cafeterías céntricas, os cócteles no Aero clube vigués, as sesións esteticiéns despois do golfe no campo de Domaio...