Caxigalines nella Reguera'l Campizu

11 giugno 2011

HAI UN ANO IOLANDA


Hai un ano Iolanda Zúñiga gañaba o Xerais de Novela, cunha proposta arriscada, extraordinaria, difícil ou dificilísima, esixente e necesitada dun lector (non vou dicir intelixente non vaia ser) con ánimo perseverante. Non ignoro as poucas compracencias que Zúñiga deixa para os seus lectores/as. E tampouco ignoro que a meirande parte de escritores/as tenden a conformarse cunha trama máis ou menos entretida, cuns personaxes artellados sobre un convencionalismo rotinario e co emprego dun idioma en apariencia sinxelo, en puridade plano. Non ignoro tampouco que a moitos/as sedúcenos a idea de pasar unha tarde mais ou menos divertida (desencebolados os miolos) cun libro nas mans: non é mala cousa; eu tamén gosto de mirar Ratas á carreira un serán sabatino.
Hai un ano Iolanda Zúñiga presentou unha obra colosal, resultado dun traballo creativo prodixioso. E, porén, os méritos deste ano (e doutros anos, pero non vamos lembrar demasiado para evitar irritacións innecesarias) narrativo galego parecen ir para outros autores/as.
Sinto unha pequena decepción, que aquí mesmo desexo consignar.

1 commento:

Iseo la Blonde ha detto...

Grande, grande, grande novela a de Iolanda Zúñiga. Difícil de ler, por anticonvencional (é unha novela?). Algún día volverase sobre este texto, aquí ou no Brasil, para tratalo como merece.