Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 giugno 2011

BIBLIOTECAS RECLÁSICAS


Vanme perdoar non ser moito máis preciso en datas, pero debeu de ser a comezos da década dos noventa cando o admirado profesor Francisco Rico montaba, na editorial Crítica, a famosa colección Biblioteca Clásica. Calquera das solapas dos seus volumes explica as características principais da edición: "obras fundamentales de la literatura española, en texto crítico, provisto de anotación completa y sistemática y acompañado de prólogo y otros complementos". A relación de tales obras, que pode ser comprendida como canon da literatura española, figura ao final de cada volume. E cada volume é encargado a un/ha especialista de contrastado prestixio, que, aparte de describir con todos os pormenores o estado da cuestión, axuda a fixar o texto que considera definitivo ao tempo que anota e aclara as dificultades da súa lectura. O resultado de tal tarefa, na gran maioría dos casos (en case todos), é excelente, ata o punto de que resulta (case) sempre a edición máis recomendable de cantas hai agora mesmo no mercado. Non quero entrar na distribución dos copyrights de tales edicións: basta con botarlle un vistazo ás primeiras páxinas e comprobalo. Tampouco pretendo afondar nos problemas habidos entre a editorial e a dirección de Rico: non teño información suficiente ao respecto. O certo é que a pretensión primaria quedou truncada e non todos os cento un volumes lograron saír publicados.
Con todo, iso non é o importante: o importante é que agora a Real Academia Española anuncia a presentación dunha Biblioteca Clásica, como aparente mandado da propia institución. E con todas as fanfarrias da que dispón e co apoio da entidade bancaria de La Caixa, que aporta unha pasta gansa, tentan amosalo como o non plus ultra da canonización da literatura española. Non vou a entrar nesta cuestión da constitución dun canon que me levaría lonxe, senon no clamoroso silencio da opinión pública cultural deste país sobre o feito innegable de que esta Biblioteca Clásica da RAE ten un parecido abraiante (tipografía incluida) coa Biblioteca Clásica chamada de Rico. Non xulgo estrano que a RAE aproveite o labor xa feito polos mellores especialistas mundiais da filoloxía e da crítica literaria hispánicas na anterior Biblioteca, nin que o propio Rico figure de novo ao frente deste fazañoso fito para a centenaria institución. O que me produce verdadeiro escándalo é que en ningún lugar se indique que isto é así. Que a Biblioteca Clásica de Rico sexa agora a BC da RAE, coas modificacións pertinentes (supresión dunhas dez obras da literatura española para dar cabida a outras tantas da literatura hispanoamericana), non se lle oculta a ninguén da profesión e a ninguén que saiba algo da edición de textos clásicos. Por iso parece aínda máis deshonesto ocultar (tanto propios como alleos á causa) por moito máis tempo o que, por outra parte, non é necesario ocultar.
Ou si?

Nota bene: este parágrafo explica o por que (crematístico ou romántico patriótico) da edición repetida:

Previsiblemente, el mercado del libro en papel irá disminuyendo en la misma medida en que crezca el electrónico, que a su vez estará ocupado sobre todo por los best-sellers y las novedades efímeras. Según ello, es probable que el futuro de las librerías tradicionales resida en buena parte en la especialización y en las obras de fondo. La BCRAE se ha proyectado tomando muy en cuenta ese horizonte, con la esperanza de ocupar un lugar privilegiado dentro de él.

1 commento:

Pablo Jauralde Pou ha detto...

Los niveles de corrupción en las esferas económica y política pasan, naturalmente, a las esferas culturales, donde siempre lo hubo, desde luego, pero ahora con un desparpajo absoluto: se da por descontado que ya no existe en ningún lado lo que aquella vieja palabra dice: "honestidad".
La colección de la RAE es una vergüenza.