Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 giugno 2011

POCACOSA


Eu sempre vin "nesti prau", nesta casa, construida solitaria na aba umbría da agüeria (durante anos pensaba que se escribía "la gueria") polo meu bisavó, un signo da nosa forma familiar de comprender o mundo. En medio dun bosque de castiñeiros e carballos, cunha fonte fría e limpísima ao pe da casa, cun mundo xa desaparecido de minas, galerías, canxilóns, cabaleirías e maquis, cunha cerdeira prantada no medio desta empinadísima costa onde apenas a gadaña pode segar a herba que medra coma nunha selva infatigable, cos pequenos miruéganos ao carón do camiño, coa casa retellada por meu pai despois do duro inverno. Meu pai construiu hai xa uns anos, coa axuda dun tío meu, unha pequena corredoira de curvas imposibles para que un jeep puidera chegar ata arriba: agora, sen jeep, hai que deixar o coche abaixo e subir andando polo medio daquela natureza feraz que cubre os camiños. Aí, nese lugar case inaccesible, onde pasamos algunhas das tardes máis fermosas do verán mirando o sol dourar as casas de Carraspientes no outro lado do val, meu pai é o home máis feliz da terra.
Hoxe traio esta foto rescatada do álbum familiar nestes días últimos de convalecencias afortunadamente pasadas.

Nessun commento: