Hoxe houbo restorante chinés. Aproveitando que unha das fillas, a máis reacia ao condumio oriental, está fóra, decidimos probar un local de buffet que está na rúa Porto e resposta ao nome de Hong-Kong. Xa me falara a miña filla grande del: ela e os seus amigos frecuentan o local nas noites do venres, ao parecer petado. O menú buffet costa 8,50. Non vou negar que as circunstancias previas non eran, salvo o crédito concedido á opinión filial, as máis idóneas. Con todo, a experiencia resultou óptima. O local, modestísimo tirando a espartano, está atendido modelicamente. Tras pedir as bebidas, dirixímonos ás bandeixas coa comida. Alí estaban, cunha pinta estupenda, os clásicos roliños de primavera, os noodles, o porco agridoce, as gambas agabardinadas, o arroz, o bambú, e, para sorpresa, polo e churrasco, patacas fritidas, macarróns con tomate e, como non, pementos de padrón. Unha síntese galaico chinesa e resumo das tradicións da fritura máis coñecida. Se a pinta era boa, o sabor de todo era tamén fantástico. A verdade é que comimos caralludamente de todo. Xa sei que, afeitos a certas esquisiteces, esto pode soar a descensus ad inferos. Nada de nada: unha proposta moi atractiva que avala a cantidade de xente que estaba a comer alí encantada da vida. Volverei, fijo.
1 commento:
Hi great reading your blog
Posta un commento