Caxigalines nella Reguera'l Campizu

27 settembre 2011

OBSOLESCENCIA CRÍTICA


Ando agora co diablo cojuelo do vélez de guevara. Un pouco pelma (ou moito), pero ás veces (hai que ler moito para atopalas) dá no albo cunha brincadeira boa. Pero xa non me río coma antes (tampouco é que antes fose un exceso, pero vaites): comezo a detestar eses conceptos de gracioso impenitente a tempo completo. O pior, con todo, non é iso: o pior é ver como pasa o tempo para algúns estudios, algúns prólogos, algunhas ocorrencias críticas (un dicir) de apenas trinta anos. 
Mete medo pensar que o que digas agora mesmo mañán será cinza, pero, ao revés do que no poema de Quevedo, non terá nin sentido nin "maldita la gracia".

1 commento:

Xosé M. González ha detto...

Nunca é cinsa, hom. A relectura é irrenunciable: ben ve, eludo o termo "feedback" e nada ardeu.