Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 ottobre 2011

MIGUEL E ELISA (POR ORDE DE APARICIÓN)


Eduardini, Edu, Eduardo, Epi, Aduardo, o noso querido amigo, vén de poñer no seu blog os retratos (máis ca puramente pictóricos) da súa filla Elisa e do seu fillo Miguel, sobre cores de case prácida xeometría. Deixo o de case para falarmos diso nos solpores de san Sadurniño ou de Corvillón. Fermosa celebración da vida, amigo Eduardo.   

Tomei a liberdade de xuntalos e de poñerlles cor xibia ás súas estampas. Por facelos algo meus. 

1 commento:

Eduardo Baamonde ha detto...

Grazas polos teus Comentarios na súa tinta. Confeso que as convulsións propias, alleas, universais e locais estanme levando a perder un pouco de interés polos obxectos como obxecto plástico e inclinarme máis polos suxetos. Cuestión -a debater- de gramática visual e de figuras literarias. Qué mellor que comenzar polos máis achegados.