Hai tempo escribín un pequeno post onde declaraba o declinar do meu amor pola literatura. Ou polo menos dunha certa literatura que eu cifraba en xéneros e modalidades moi definidas. Creo que vai en aumento. Tomo os libros de poemas eses, que, de tan gastados, apenas resisten o paso das páxinas, e advirto que aquela antiga devoción mingua, que eses versos, que mesmo foron quen de presidir, como dedicatorias, outros libros, xa non me convencen. Nin me gustan. Non chegan a incomodar, pero por veces sinto xa un lixeiro desleixo.
Non é saúdable este desapego do que onte foi a miña fontela de iluminación e acougo. Terei que facerme ver (serán os anos?) ou terei que urdilos pola miña conta.
Nota: Juan de Arguijo sempre está a salvo.
6 commenti:
pois se daquela non me gustaba, agora gústame menos. Pero non sei por que motivo sinto un certo excepticismo lendo isto de quen o leo.
"Quien lo probó lo sabe"
;)
Que pasa coa xente, que xa non postea nos blogs? Andarán demasiado atafegados amosando o embigo propio, "yo me escribo-yo me leo" polos twíteres? Ou seica iso de coleccionar amiguiños polo feisbú lles quita tempo para ler e escribir?
A literatura aínda non morriu. Mentres haxa unha historia que contar, sexa do xénero literario que for, mentres haxa algo interesante que ler, sempre nos prestará vivir outras vidas. Dixen.
anónimo confundido
(onde dixen excepticismo quixen dicir escepticismo)
Non é por nada, amigo MS, eu debo de ser dos poucos que van quedando. Ten vostede moita razón niso.
Pois eu, meus amigos, sigo borracho de literatura. É do pouco bon que nos queda e non podemos permitirnos o luxo de cair no desánimo. Sigo querendo tocar/ter/ollar/ler/devorar todos os libros, aínda que sei que é unha misión imposíbel e nen nun cento de vidas que tivéramos... Morreu o outro día Félix Romeo e ando tolo por ler póstumamente algún dos seus libros, que non lin en vida do autor. Morreu Félix Romeo e sinto que morreu alguén dos meus, por mais que non lle prestei atención de vivo e ignorei os seus libros. Teño por aquí as últimas adquisicións santantonianas e non vexo o momento (nen dispoño do tempo) para fuxir do ruido e da furia que nos entolecen e porme a ler ou reler SUTTRE de Cormac McCarthy, SUITE FRANCESA de I. Némirosvky, VIAJE AL FIN DE LA NOCHE (que vou dicer deste grande libro que non saibades), ESTREMIDA MEMÒRIA de Jesús Moncada, o autor de CAMÍ DE SIRGA, NOCILLA DREAM de Fernández Mallo (si, si, só lin do autor a segunda Nocilla ou NOCILLA EXPERIENCE e non me desgostou, e lamento e rexeito o comportamento da Kodama co último libro do autor, manda carallo coa muller de Borges), e tantos outros. Así que non quero vervos desanimados e sen ganas de fincarlle o dente literario a tantas e tantas xoias que non acaban de surprendernos. ADIANTE ESA LITERATURA, IRMAOS VIRTUAIS, E QUE NON SE APAGUE O LUME DA FICCIÓN!!!
Estamos tan saturados de hiper-realidade, agora que temos internés 24 horas e sabemos do peido que fulanito botou hai tres segundos a través do twiter, que xa non ollamos para a ficción como algo interesante, que nos entreteña, da que poidamos aprender algo.
Temos sobre-saturación de fedellos eleutrónicos e de información. Agora mesmo poderiamos baixar de internés dez mil e-books por segundo no noso ordenador, para ler os cales necesitariamos varias vidas.
Reclamo do estado español e do resto de poderes públicos ter tres ou catro vidas máis para poder lelo todo. Ou, no seu defecto, un retiro pagado no mosteiro de Oseira, para ir poñéndome ao día coas novidades e non descoidar os clásicos.
Por certo. Nestes momentos de confusionismo e crise político-mediático-económica, qué cousa hai mellor que unha boa novela de ciencia ficción (Philip K Dick) para poder aturar a hiper-realidade que nos ven enriba?
Posta un commento