Caxigalines nella Reguera'l Campizu
26 giugno 2009
23 giugno 2009
XORNALISMO DE MÁXIMA PUREZA

Quedei co dato que fornece o CIS e magnificamente glosa Calidonia: o 17% dos internautas empregaron os blogues para se informaren. Non é aínda moito, pero xa é significativo. Pero o máis importante é que agora mesmo resulta, xunto co teletipo do feisbu e do twitter, o único xacemento de xornalismo de máxima pureza. Os máis modestos como comentaristas; os semiprofesionais ou profesionais cos resortes habilitados a máis non poder.
Pero, cos xornais de arredor, preparados para crear realidade interesada (con cálculos que inclúen censuras e leis de funís), imos ter que afiar máis o gume. E ser máis críticos por rigurosos, máis contundentes por serios, máis terribles por maior cuidado e elaboración na escrita.
Eu, que agoiraba bailadelas de morte ditosa polo entretemento do feisbu, teño que proclamar que polo que a min respecta esta casa vai presentar batalla. A todo. Mecajonacarracha.
22 giugno 2009
APADRIÑAR, APADRIÑAREI

Levo todo día matinando nun discurso que debo facer para o xoves: serei padriño dunha nova promoción e teño que poñerme á altura das expectativas. Altas, demasiado altas, non só polo privilexio que supón (orgullo tamén e moi grande) senón porque, ai!, pedíronme que os conmovese. Tamén é verdade que mo dixeron cun sorriso nos beizos, pero tamén sei que esas cousas sempre se lles quedan. Non me pediron que fose atento, agradable, cariñoso, ou xusto con eles. Non: pediron emoción, pathos apuntapala. E non é que eu non saiba ou non poda tirar de oficio para logralo. O problema é que non me atrevo: a última vez, que por riba quixen ser o máis irónico posible para evitar a caída, non conseguín rematar o discurso. Imaxino, logo, o que me espera se tiro da melancolía, da despedida, do adeus, dos tempos pasados entre nós, da ledicia dos días, da nostalxia do futuro. Lin durante a mañán ducias de poemas para inspirarme e, ademáis de comprobar que os poetas rara vez exaltan a alegría, non puiden dar coa clave que puidera conmovelos (a eles) e que puidera non cair (eu) bañado en bagoas da alocución. Ás veces, en clase, cando leo en voz alta algún verso de Garcilaso, tento non escoitarme. Tento arredarme dese intre para non deixarme levar pola belleza dun endecasílabo. Pode resultar demasiado pedante, pero ese pracer de ler en alto sen verter unha bágoa Salid sin duelo lágrimas corriendo éme completamente imposible.
Sei como vou rematar o discurso: xa teño elixidos os versos e o perfume previo que necesito para presentalos. Pero non sei como vou rematar eu o discurso. Ese é o meu temor, pero tamén a miña mellor arma secreta.
16 giugno 2009
DE PERSIA

Hai máis de dous anos recibín carta de MS. Desde Teherán. Empregaba un español espléndido, sen apenas erros, e un estilo elegante ao tempo que extremadamente respectuoso. Solicitábame información sobre cursos na universidade e sobre a posibilidade de vir aquí a facelos. Respostei a carta poñéndome á súa enteira disposición, pero coa case certeza, froito doutras experiencias, de que a correspondencia ía rematar nese meu envío. Pero case ao tempo de lle mandar o correo, MS volveume respostar amosando un interese enorme e un coñecemento da cultura española moi notable: o español seu, ademáis, era moito mellor ca calquera dos que adoitemas ler nestes tempos, sexan ou non de alumnos ou profesores.
Mantivemos a correspondencia varios días (con propósitos máis ou menos precisos de vir a Vigo ou a España), pero logo non souben dela durante varios meses. Pero un día chegou outra mensaxe na que me comentaba o seu interese case inmediato en vir. Solicitábame un informe e un convite para poder alegar diante da embaixada española en Teherán que estabamos dispostos a admitila aquí nos cursos de doutoramento ou de postgrao. Durante tamén un par de meses estiven pendente da súa sorte. E puiden saber que non fora elixida. Que había outras antes, pero que ela seguía tendo interese, moito interese en vir e que me agradecía os esforzos realizados.
A primeiros de Setembro deste ano apareceu pola facultade, cando nin siquera comezaran as clases e os pasillos eran un ermo completo, unha rapaza de longuísimos cabelos, rizados e alborotados, dun cor entre vermello e pardo, cun sorriso inesgotable: "Son MS", dixo cos ollos grandes, completamente abertos. Alí estaba ela con ese español que apenas lle saía naquel primeiro encontro pero que entendía á perfección. Explicoume que viña facer o único curso que promovera o noso Departamento, un sobre políticas de xénero que non comezaba ata máis tarde.
Aproveitou os primeiros días de outono para vir a outras clases: na miña, unha tarde de outubro, estivo mirando o Lazarillo, unha versión algo expresionista, non desdeñable aínda que de lixeiro e ambiguo cheiro falanxista, do clásico picaresco. Ao final da clase comentou, sorprendida, o peso da relixión en España e as similitudes na actualidade con Irán.
Deixou de vir para asistir ás aulas de estudos de xénero e para impartir de xeito ocasional clases de azerí e de persa. Pasou tardes enteiras de inverno, facendo amizade con Anabande, na biblioteca e foi compañeira de célebres troulas polas noites viguesas con todos nós co seu permanente sorriso, ao tempo que nos ensinaba, coas gargalladas do pudor difícilmente disimulado, as palabras tabú do seu Teherán querido. Nesas longas paroladas o mundo de Irán (o mundo sobre todo dunha muller nova en Teherán) facíasenos familiar a costa de preguntarlle polos costumes cotiáns, polas normas de andar pola rúa, polas leis arbitrariamente veladas ou executadas, polos flirteos, as aventuras amorosas, os lugares para o encontro sexual, os compromisos matrimoniais, o nivel de estudios, a presencia da cultura occidental no día a día. En fin: esas pequenas cousas tan grandes que constitúen unha vida enteira. Por ela, soubemos que non sabiamos nada, que todo aquel mundo, dominado pola represión e o rigor autoritario, era, a pesar de todo, especialmente complexo. Aínda quedan interrogantes para outras noites de tertulia e coñecemento.
Estaba moi ilusionada estes días coa posibilidade dun cambio en Irán. Seica agora anda moi preocupada: as novas que veñen dalá non son boas. A súa familia fala con ela con frecuencia: está ao tanto da actualidade. E sabe dos problemas diarios. Tamén está en contacto con outras residentes iranianas en España ou en Europa. Unha tristeza escoita na súa voz estes días.
Vaia desde aquí o meu alento para ela e para todo o Irán en tempos de revolta civil contra a imposición moral, relixiosa e política dun réxime autoritario.
Nota: hoxe toca Irán: réximes autoritarios hai a centos. Tristemente: algúns máis silandeiramente crueis como Arabia Saudí, segundo o meu amigo Ahmed, que aínda estivo alí hai ben pouco.
15 giugno 2009
MALGORZATAS, MAGDALENAS, FABRIZIOS, THOMASES

Son estes días de despedidas. Os erasmus, máis ben as erasmus, pelegrinaban hoxe pola mañán polos despachos na procura dese certificado placebo que levar para os seus países e cuxa copia orixinal terán na súa casa ben axiña, aínda que sospeiten sempre da posible falta de eficienciado sistema universitario (cabe afirmar aquí que polo menos a da nosa fft foi sempre proverbial, exemplar: e non son eu o que o afirma e, todo hai que dicilo, non todo o que vén de Europa é millor).
Moitos/as deles/as viñeron con abrigos para invernos de xeos agudos, bufandas enormes e gorros para neves que case non miraron, xerseis grosos de lá para friaxes de mañanciña de primavera: excesivo ropaxe mesmo para os nosos ventos fríos de monte.
Hoxe eran outros/as: arrastraban coa melancolía do adeus as chanclas, os pantalóns curtos ou as minisaias aquí compradas, as camisetas de tiras, cos brazos avermellados polo sol destes días. Marchaban cun brillo especial nos ollos e coa faciana de lixeira mágoa, algo enfebrecida polos recordos que ao tempo levan.
Seguro que agora están no avión de regreso a Poznan, Verona, Lovaina ou Berlín. O ano que vén voltarán outros: pero ninguén lles pode a Roberto, Kamilah, Malgorzata, Julia, Melanie o Alice quitar nin un sólo día desas súas vidas transcurridas aquí en Vigo. Se cadra, de viño e rosas.
A nós, que quede claro, tampouco. Boa viaxe.
11 giugno 2009
UN TOQUE DE DISTINCIÓN

Yo siempre he utilizado el gallego en este blog. Lo he hecho (toma pretérito perfecto) porque me apetecía principalmente y porque he creído que de esta forma contribuía a la expansión de esta lengua. Tal vez suene a pretencioso: lo admito, pero ésa era y es mi intención. Para ello, además he procurado no hablar de la questione della lengua más de lo estrictamente necesario porque entiendo que nada mejor para la salud de una lengua que emplearla con toda la riqueza de la que seamos capaces para hablar de cualquier cosa, desde la más solemne hasta la más ridícula, desde la más alejada hasta la más próxima, desde la más torpe hasta la más aguda. Resulta ya demasiado cansado (si no fuera porque no queda más remedio) estar ocupando (alguien podrá decir que perdiendo) el tiempo en defender una lengua que pierde hablantes de una manera exponencial mientras podemos enriquecerla enseñando que puede ser y que es utilísima para cualquier cosa, para cualquier cosa.
Si utilizo hoy el español, la lengua en la que habitualmente me comunico por muchas razones, entre las que destaco haber nacido con ella (con la ligera ventaja de aprender un asturiano de andar por casa que con el tiempo no ha sido tan de andar por casa), haberme educado casi íntegramente con ella o haber dedicado buena parte de mi vida a la enseñanza de la literatura escrita en esta lengua, es porque quiero reivindicar, desde esta condición, la discriminación positiva de la lengua gallega a través de los mecanismos jurídicos que la comunidad autónoma gallega, con la Constitución como refrendo constante, ha decidido otorgarse desde la Ley de Normalización Lingüística y conforme a las propuestas que de forma unánime aparecen registradas en el Plan Xeral de Política Lingüística aprobado sin contestación alguna y tras un larguísimo proceso en el que intervino todo el mundo en 2004.
Sé que hay sectores que pretenden de una forma pertinaz eliminar ese concepto, con la invocación de la libertad lingüística. Están en su derecho de pedirlo, pero no a costa de tergiversar la realidad lingüística claramente desfavorable al desarrollo de una lengua. Saben los que me siguen que a mí no me gustan los argumentos identitarios, ni las apelaciones a cuestiones sentimentales para articular una sociedad, porque creo (no sé si es demasiado soberbio este verbo) en la dimensión política de la vida social, en la capacidad de los ciudadanos de elegir lo que queramos. La comunidad de ciudadanos gallegos planteó en su día, a través de su parlamento y de manera unánime, la necesidad de ser bilingüe, pero también la de promover, por encontrarlo desprotegido y al albur de una dinámica (involuntariamente) hostil (por el empuje imparable del español, quién lo duda!), la extensión del gallego a todos los ámbitos de la vida del país, bajo la aplicación del mecanismo conocido en otros terrenos de la acción política, de la discriminación positiva. Lo que se juega ahora Galicia es el mantenimiento de ese resorte fundamental para que el gallego no acabe convirtiéndose en una lengua casi muerta, destinada a un folclorismo de muestra arqueológica.
Yo hoy utilizo el español para reforzar mi defensa del gallego. Volveré al gallego en la próxima anotación para no hablar de esta cuestión más y emplearlo todos los días como muestra de vitalidad y de futuro. Y, si me piden una razón, que puede sonar frívola, porque es mi especial toque de distinción.
10 giugno 2009
BARES DE VIGO: TABERNA DE TONY

O venres pasado saimos coa intención modesta do que se dá en chamar "dar unha volta". É dicir, camiñar do ganchete a paso lento, mirar os escaparates e rematar, como case sempre e segundo as témporas, en terrazas ou en barras de bar como recompensa polo esforzo. Os nosos pasos buscaron con parsimonia un deses recunchos aillados da cidade onde se xanta e se bebe marabillosamente ben: a pequena (incómoda para aqueles que aman as folguras, pero encantadora para os que preferimos as angosturas e o contacto físico) e ateigada de xente Taberna de Tony, na rúa Xil, unha menos ca ruela que comunica Manuel Núñez con Ronda de don Bosco, á altura do Marco.
Coma o patio da de Pepe de Juan, foi este un deses bares que coñecimos ao chegarmos a Vigo, pero sen recomendación, só guiados polo aspecto atractivo do local. Non vou negar que o cheiro a allo contribuía de maneira especial á elección, pero xa daquela conseguiu que fosemos varias veces a probar os seus manxares. Hai pouco voltamos para comprobar que tal seguía e puidemos advertir felices que o local non só conserva íntegra a súa calidade extraordinaria nos revoltos, nas setas, nas gambas, nas puntiñas de chipiróns ou nas táboas de embutidos e queixos (de paté tamén hai, pero como lle collín case noxo despois de xantarmos durante o mes todo o exquisito paté de Poitou Charentes), senón que procura un servizo impecable, dos mellores probablemente da cidade, se exceptuamos á par deles os de Tapas Areal, aos que lle adicarei post especialísimo. Cuidan en especial os viños e son xenerosos nos pinchos de entrada e nos complementos habituais de toda cea (agasallan co café ou cos licores, malia non ser eu un gran amante destes estrambotes espiritosos). O local ten unha decoración moi anos oitenta, algo scottish, coas paredes forradas con madeira decapé e telas de tartán. Para o furor minimalista de pizarra e pedra vista das chamadas vinotecas (eses lagares onde os impolutos oficiantes soen meter o nariz na copa para molestar o viño máis ca nada), este local recoleto, onde ademáis hai que baixar (non sei por qué me gustan tanto estes bares de chanzos de descenso), resulta moi pero que moi acolledor.
Non sei se o éxito rotundo (hai un ambiente moi excitante os venres e non podo dicir por qué) se debe a todo o que acabo de glosar ou ao prezo excelente con que ofrecen todo: o certo é que alí voltaremos tantas veces como faga falta. Iso si: con reserva, porque a partir das 9 é imposible atopar mesa. E non me estraña nadiña.
Nota: despois de facer o post, atopo algunha páxina web que fala do sitio: alégrame comprobar que non son o único en pensar na excelencia deste local.
Iscriviti a:
Post (Atom)
