Caxigalines nella Reguera'l Campizu

22 giugno 2009

APADRIÑAR, APADRIÑAREI


Levo todo día matinando nun discurso que debo facer para o xoves: serei padriño dunha nova promoción e teño que poñerme á altura das expectativas. Altas, demasiado altas, non só polo privilexio que supón (orgullo tamén e moi grande) senón porque, ai!, pedíronme que os conmovese. Tamén é verdade que mo dixeron cun sorriso nos beizos, pero tamén sei que esas cousas sempre se lles quedan. Non me pediron que fose atento, agradable, cariñoso, ou xusto con eles. Non: pediron emoción, pathos apuntapala. E non é que eu non saiba ou non poda tirar de oficio para logralo. O problema é que non me atrevo: a última vez, que por riba quixen ser o máis irónico posible para evitar a caída, non conseguín rematar o discurso. Imaxino, logo, o que me espera se tiro da melancolía, da despedida, do adeus, dos tempos pasados entre nós, da ledicia dos días, da nostalxia do futuro. Lin durante a mañán ducias de poemas para inspirarme e, ademáis de comprobar que os poetas rara vez exaltan a alegría, non puiden dar coa clave que puidera conmovelos (a eles) e que puidera non cair (eu) bañado en bagoas da alocución. Ás veces, en clase, cando leo en voz alta algún verso de Garcilaso, tento non escoitarme. Tento arredarme dese intre para non deixarme levar pola belleza dun endecasílabo. Pode resultar demasiado pedante, pero ese pracer de ler en alto sen verter unha bágoa Salid sin duelo lágrimas corriendo éme completamente imposible. 
Sei como vou rematar o discurso: xa teño elixidos os versos e o perfume previo que necesito para presentalos. Pero non sei como vou rematar eu o discurso. Ese é o meu temor, pero tamén a miña mellor arma secreta.  

4 commenti:

legnaresa ha detto...

Nin por un instante dubido do bo final que lle proporcionará a sua mistura de alquimia e experiencia. Seguro que lle sae un bo retrato de conxunto coas cores axeitadas. Expida logo as anormais e tráxicas bagoas, retroalimentese,e non esqueza nin as risas nin un bo caldo con tan inmellorable ocasión e compaña. Apure e saboree o seu discurso segundo o comparte con eles unha vez mais.
De anormal a anormal: Noraboa padriño.

Anonimo ha detto...

para qué poner razón donde sólo hay sentimiento si de sentimientos hay quien habla como nadie.
Serás el mejor, pero los alumnos te han elegido probablemente porque ya lo has sido.

carrascus ha detto...

Procure non cagarse na nai que os pariu, que seguramente algunha delas asistirá á cerimonia.

a espuma dos días ha detto...

Hoxe cúmprense 50 anos da morte de Boris Vian. Para rematar o acto, colla a trompeta do enxeñeiro escritor e desparrámese a trompetazos vianescos.