Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 giugno 2009

MALGORZATAS, MAGDALENAS, FABRIZIOS, THOMASES


Son estes días de despedidas. Os erasmus, máis ben as erasmus, pelegrinaban hoxe pola mañán polos despachos na procura dese certificado placebo que levar para os seus países e cuxa copia orixinal terán na súa casa ben axiña, aínda que sospeiten sempre da posible falta de eficienciado sistema universitario (cabe afirmar aquí que polo menos a da nosa fft foi sempre proverbial, exemplar: e non son eu o que o afirma e, todo hai que dicilo, non todo o que vén de Europa é millor). 
Moitos/as deles/as viñeron con abrigos para invernos de xeos agudos, bufandas enormes e gorros para neves que case non miraron, xerseis grosos de lá para friaxes de mañanciña de primavera: excesivo ropaxe mesmo para os nosos ventos fríos de monte. 
Hoxe eran outros/as: arrastraban coa melancolía do adeus as chanclas, os pantalóns curtos ou as minisaias aquí compradas, as camisetas de tiras, cos brazos avermellados polo sol destes días. Marchaban cun brillo especial nos ollos e coa faciana de lixeira mágoa, algo enfebrecida polos recordos que ao tempo levan.  
Seguro que agora están no avión de regreso a Poznan, Verona, Lovaina ou Berlín. O ano que vén voltarán outros: pero ninguén lles pode a Roberto, Kamilah, Malgorzata, Julia, Melanie o Alice quitar nin un sólo día desas súas vidas transcurridas aquí en Vigo. Se cadra, de viño e rosas. 
A nós, que quede claro, tampouco. Boa viaxe.

Nessun commento: