Caxigalines nella Reguera'l Campizu

31 gennaio 2007

XUAN BELLO: O MOMENTO REQUEXU

Leo de vez en cando un semanario en asturianu: Les noticies. Nel escribe con paixón Xuan Bello, un dos escritores máis interesantes e, sen dúbida, o mellor escritor en lingua asturiana, artigos fermosísimos, en forma de evocacións ou de retratos. Os seus libros Los cuarteles de la memoria ou Historia universal de Paniceiros son extraordinarios. Aínda que podería pasar á miña memoria persoal por afirmar que Requexu en Mieres é a mellor praza do mundo, Xuan posúe unha sensibilidade poética e literaria fóra do común. Tiven a sorte de coñecelo durantes eses días grises de finais do verán, con sidra en merenderu, e ten unha conversa amable e combativa. Hoxe lin unha lembranza súa do Campu san Franciscu en Uviéu: qué ben escribe o tipo!

Nota: traduciu, se non me trabuco, Coses de Castelao e algo de Cunqueiro, a ese idioma que escoitei sempre de pequeno.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

O sitio semella bonito. Onde está?

Anonimo ha detto...

Mieres Mieres non é especialmente bonito, aínda que teña un aquel sentimental que impide tal calificativo. Non obstante, se un sube medio metro por riba dos seus tellados e ascende aos cumios (picos) de Xana, de Polio, de la Felechosa ou camiña cara Cenera, un dos vales máis fermosos do mundo, pode atopar a radical fermosura de Asturies.
En todo caso, tomar unha sidra nesa praza da foto é unha experiencia mística. Non se dá boa sidra en Mieres, pero, sen dúbida, é onde mellor se bebe. Un culín á vosa saúde.

Anonimo ha detto...

Casualmente coñezo Cenera, mira por onde. Hai alí unha aldea que se chama Gallegos onde á rúa principal lle puxeron de nome José Ángel Iribar, co escudo do Athletic e todo.