Caxigalines nella Reguera'l Campizu

7 febbraio 2007

GLI AMANTI DI VALDARO: STILL LIFE

Sic transit gloria amoris
Así conta La Repubblica no pe de foto o achádego nunha zona perto de Mantova:
Segundo os arqueólogos trataríase dunha parella de individuos xovencísimos, mortos no periodo neolítico. Os dous foron sepultos un fronte ao outro, cara a cara: os osos dos brazos e das pernas sobrepóñense nunha aperta que fixoos gañar o alcume dos "amantes de Valdaro".

5 commenti:

Anonimo ha detto...

Poético e maravilloso. Emocionoume

Marcos Valcárcel López ha detto...

Preciosa historia. Sorpredente fotografía. Non a coñecía.

Anonimo ha detto...

Non é por joder, pero ben poderían ser dous condenados a morrer enterrados vivos. Non están entrelazados por amor. Están loitando polo espazo vital e o pouco ár que lles queda.
A vida é moi dura, seica.

X ha detto...

Adiantóuseme :(
Co seu permiso tamén farei un post sobre a foto, e xa postos, pois cópiolle a foto e aforro tempo. Moitas grazas.

Anonimo ha detto...

Nese caso, irmán de la Highway, sería un problema filolóxico de pura variante textual: sic transit gloria aeris.
En todo caso, xa o dicía Lucrecio sobre os amantes:
"Pero todo é inútil, vano esforzo,
porque non poden roubar nada dise corpo
que abrazan, nin penetrarse nin afundirse
íntegramente, corpo con corpo,
que é o único que realmente desexan.
Tanta paixón inútil poñen en achegarse
aos fíos de Venus, mentres os seus membros
semellan confundirse, sometidos ao pracer.
E logo, cando o desexo, nas veas, esvaece, o seu lume
interrumpe a súa chama por un instante e logo volve un novo furor e renace a fogueira con máis forza ca antes.
E que eles mesmos saben que non saben
o que desexan e ao tempo procuran como saciaren ise desexo que os consume sen que poidan achar remedio para a súa enfermidade mortal: ata tal punto ignoran onde se agocha a secreta ferida que os corrompe"
De rerum natura, libro IV.