Caxigalines nella Reguera'l Campizu

24 aprile 2007

BRINCADEIRA

IPP (coa axuda inestimable do escritor XMAC, de quen é a escolma do que chama "bilingüismo mecánico") pásame unha lista de palabras e expresións que a máquina conversora español-galego deixou nunha programación anual de lingua española. Velaí a adiviña. O venres as respostas.
1. A acuse.
2. Compues zafra de lateiro.
3. Xántea.
4. Súas pensivas.
5. Pasivas reflictes.
6. Pantalla chaira.
7. Don Alvaro ou a forza do senón.
[Cartel de animación á lectura, Eduardo Baamonde, 2006]

4 commenti:

Mario ha detto...

Eu aínda sabía a de "Aver María Enxebrísima". Moi boas.

Zerovacas ha detto...

Eu enviara por mail unha moi boa que puxera LVG, pero non lembro cal era. A tradución convertía un titular insulso nunha declaración absolutamente escatolóxica.

Outra moi boa é unha nova que publicaran sobre o Consello da Cultura no tempo no que aínda era presidente Zulueta de Haz, convertido polo tradutor en "Zulueta de Feixe"

Xosé M. González ha detto...

Como diría o noso común amigo AP-C: extraordinario.

arume dos piñeiros ha detto...

Solucións:
1. La tilde.
2. Compuestas.
3. La coma.
4. Suspensivas.
5. Pasivas reflejas.
6. Plantalla plana.
7. Non creo que sexa necesario.
Son solucións provisionais porque aínda falta a explicación.