Caxigalines nella Reguera'l Campizu

25 aprile 2007

RETRATO DE INFANCIA

Portrait of Lotion Grey

Soaba Mauriat os domingos,
con cheiro a churros ao fondo do pasillo;
entraba a luz pola fiestra en morse.
O tempo era baixo o castelo,
ao pé do río, onda
a falsa salgueira.
Movo a noria coas máns dun piscolabis,
tomado a media mañán,
mentres intercambio eses cromos que
non pegan.
A medalla pérdese entre as pedras
dun campo ermo,
con senras de pó e silencio,
camiño da fonte de xofre
e luvas brancas,
coma de noivas, transparentes.
Tomo unha fotografía.
Aínda é cedo.
Recurro á envexable
teima de nadar
entre a néboa e a friaxe
que ven do río.
Recoñezo entre as veigas
unha liña morna, fráxil.
Abro os ollos e tomo
ese libro de poemas
polo medio:
versos,
fiestra,
verán:
no máis fondo de Pergognano.

Nessun commento: