Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 aprile 2007

VIENA: DERRADEIRA ACHEGA. EPÍLOGO ARÉVALO.

A comida vienesa por excelencia é o wiener schnitzel, un bisté empanao que, en lugar de presentarse amoreado nun tuperware comme il faut, cuns pimentos do Bierzo por riba, aparece nun prato engalanado coa metade dun limón e unhas folliñas á xeito de ensalada aceda. Por suposto, non é de orixe vienés, senón de, claro está, de Milán. Ou sexa que o prato típico de Viena é milanés, aínda que, como todo o mundo sabe, o bisté empanao só se chama milanesa no noso país. Para docificar a tarde, os vieneses zóupanlle ao apfelstrudel, o pastel de mazá quente que aparece na foto. O café axuda a demorar a tarde. Catro cafés zapateristas valen por un café en Viena; eso sí, o máis elemental. Para pedirmos café non hai problema porque o italiano estase a converter en todos os países na lingua franca para pedilo: espresso, caffe latte, macchiato, cappuccino. Primeiro o nome do número no idioma que saibas e despois o nome en italiano en singular: por exemplo, two espresso ou trois cappuccino. Así funciona. E á perfección.
Hai en Viena miles de restaurantes elegantes, cun toque minimalista algúns deles. Pero a maioría opta polo estilo rococó-imperial-cursi, con moita ornamentación, espellos e vaixela rutilante. Deste xeito, cando baixamos en Madrid do avión que nos traía de Viena, collimos o coche e paramos a comer no Figón (así rotulan, non é pedantería) La Pinilla de Arévalo (un templo da restauración, en sentido estricto, mundial), en vaixela de barro, con tosca mesa e teito baixo coas vigas de madeira á vista, pensamos que en menos de seis horas pasaramos do final do século XIX á plena Idade Media. E abofé que nunca esquecerei nin agradecerei aquel retroceso no tempo na miña vida.

4 commenti:

Anonimo ha detto...

Non falta un"dabondo"?

Anonimo ha detto...

Un dabondo, por que?

Anonimo ha detto...

Éntranme gañas de ir directamente a Arévalo, mais polo de pronto baixo xa para a miña cociña. Que aproveite!

Anonimo ha detto...

Vaia, que o pasaches de medo. :)