Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 aprile 2007

O PÓ (ENAMORADO) DE QUEVEDO ERA DE QUEVEDO

Os restos de Quevedo que se atopan en Villanueva de los Infantes (unhas das vilas máis fermosas do país, chea de palacios renacentistas) son, segundo uns investigadores da Complutense, do propio Quevedo. Moi doado era o exame desas cinzas ou deses osos: bastaba con vermos se o polvo ese era polvo enamorado.
En todo caso, esa investigación parece desmentir aquel soneto en que sostiña que os recordos da morte presentes nas lápidas e nos monumentos tamén poden algún día desaparecer.
Falleció César, fortunado y fuerte;
ignoran la piedad y el escarmiento
señas de su glorioso monumento:
porque también para el sepulcro hay muerte.
Muere la vida y de la misma suerte
muere el entierro rico y opulento;
la hora, con oculto movimiento,
aun calla el grito que la fama vierte.
Devanan sol y luna, noche y día,
del mundo la robusta vida,
¡y lloras las advertencias que la edad te envía!
Risueña enfermedad son las auroras;
lima de la salud es su alegría.
Licas, sepultureros son las horas.

3 commenti:

besbe ha detto...

non te tiña localizado e onte non sei que me dou que eras ti. agora confírmoo :)

Anonimo ha detto...

Este home si que dominaba o soneto na súa máxima expresión. Lamentabelmente, dubido moito que a literatura en lingua castelá volva dar un autor co dominio da versificación estrófica como Quevedo. Hai que sacarse o sombreiro ante este orfebre da palabra!

torredebabel ha detto...

moitas veces preguntome para que sirve, realmente, esa paixón dos científicos por saber se os osos (ou o po) dalgunha sepultura é ou non é de tal persoeiro...