Caxigalines nella Reguera'l Campizu

11 aprile 2007

CCR: GRACIAS

O meu primeiro (e definitivo) contacto coa música foi gracias aos meus curmáns maiores Javier, Diego e Juan Fernando (vai por vós: saúde), que tiñan nas súas casas de Mieres o Cosmo's factory dos Creedence. Foron eles e foron os Creedence os que marcaron de forma decisiva os meus gustos musicais. Ata o punto de que todo pode gustarme ou non en función do parecido con aquel disco. Podo estar equivocado, pero volto escoitalos e velos no iutuf e só atopo confirmación de que son os máis grandes. Vaian estes CCR polos meus curmáns.

6 commenti:

a.p.-c. ha detto...

É que os Creedence eran moito, moito.

O seu rock pantanoso é imperecedeiro, e o Tom Fogerty era, sinxelamente, perfecto.

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Anda a miña filla cos Arctic Monkeys, os Kooks e os Strokers e xente así. Non molestan moito; parecen correctos. Pero cando escoita medio minuto de travelin' band comprende de donde son los cantantes.

a.p.-c. ha detto...

A útima frase súa é unha intertextualidade do inesquecible Gato Pérez, a que si?

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Pois é o Son de la loma, do trío Matamoros (http://www.youtube.com/watch?v=A8tSGHzn8kE), aqueles de Lágrimas negras, esa canción que versioneou hai pouco El cigala con Bebo Valdés.
É canción antiga, pero non sei se Gato Pérez tamén a cantaba.
Deu pe ao título dun libro de Severo Sarduy.

De la Highway 61 ha detto...

Se hai algo básico na música rock, eso son os Creedence. Básico desde calquera punto de vista.
Se non te gustan os Creedence, non te gusta o rock, mais poden gustarte eles inda que non te guste o rock.
Pódese engadir calquera cousa ao rock, que pode con todo, pero non se lle pode sacar aos Creedence. Xa non sería rock.
De Fogerty é bonito até o apelido.
A súa versión de Suzie Q do 68, sen ser o máis representativo da súa discografía é absolutamente engaiolante. De Proud Mary non vou dicir nada.
Está claro, non?

De la Highway 61 ha detto...

Atopado por aí e engadido:
"...y el gran exito comercial del grupo la cancion Proud Mary . Que conseguiria el numero dos en las listas de exitos de Estados Unidos y se mantendria entre las cien primeras durante 86 semanas . Sobre esta cancion lo mas inesperado fue la critica que le brindo Bob Dylan , diciendo que era la mejor cancion del año en Estados Unidos y una de las mejores canciones que el habia escuchado en su vida . Esta critica fue una sorpresa para el grupo y para el publico , en general , pues el Bob Dylan de 1969 no solia pronunciarse sobre otras canciones que no fueran las suyas."