Caxigalines nella Reguera'l Campizu

26 aprile 2007

CEA


Fomos o outro día ao Restaurante Ébano en Vigo. Sito na rúa Luis Taboada, viña precedido con fama de comida innovadora e, de resultas, un pouco cara. Era sábado e as mesas estaban todas case ocupadas. Co protocolo de sempre, deronnos o menú e aparte as novidades do día. Entre que a prestancia da camareira impedíalle falar moi alto e que os pratos referidos de corrido eran de memorización difícil, pasamos das novidades e lemos o menú con mellor atención. Mentras pediamos, puxeron na mesa unhas pequeniñas manteigas, co nome de Pascual por riba. Non sei por que empregan aínda o das manteigas para picar algo. Pero, en fin. Pedimos un godello Guitián, que non estaba nada mal. De primeiro picamos un pouco de foie, que non era nada doutro mundo. E de segundos pedimos rodaballo (estáse poñendo de moda o adxectivo salvaxe para diferencialo do da piscifactoría) e kokotxas (así escrito, porque a mixtura de idiomas está moi ben vista: tipo tagliatelli au break point con ibéricos). Na carta, escrita en español, figuraba unha traducción ao inglés que melloraba sen dúbida a información do prato. Tampouco estaban mal os peixes, aínda que un comellán botará en falta algo máis de envergadura no rodaballo. Os postres, atractivos; os sabores, convencionais: xeado de mandarina, con froitos do bosque ou berries ou frutti del bosco ou todo xunto. Un café non moi bó (pero xa estamos acostumados) e máis nada. Correcto e agradable. Ao saírmos coincidimos na nota: un aprobado alto, pero non sei se ha chegar ao 6. Parece local para comidas de empresa ou para persoas ás que non lles preocupa nin a factura nin probablemente a excelencia no xantar.

9 commenti:

besbe ha detto...

o das cartas é tremendo, e xa non falo de alta cociña se non nos kebabs de toda a vida (xa convertidos en comida típica galega) que se non tes moita idea non sabes nin o que pides, ou nos italianos os Penne alla Carbonara que da para unhas cantas risas.

E o dos cafés tamén é de pecado, tiñan que instaurar o café de pota en tódolos sitios, porque hai algúns que non sei de que están feitos.

Anonimo ha detto...

Ten boa pinta ese restaurante Ébano. Haberá que achegarse entón para comprobar se os peixes son tan "salvaxes" como afirma a camareira. Con todo, amigo Arume, emprázote a que se queres comer carne ensalitrada da de verdade te achegues a Fisterra e saborees unha robaliza á sal no Tira do Cordel ou unha caldeirada das do Lestón. Iso si, a carta non está en inghlés senón nun jallejo fisterrán de toda a vida. Saúde e que aproveitase a velada.

Anonimo ha detto...

Moitas gracias, amigo Modesto. Xa me falaran do Tira do Cordel, pero tamén me dixeron que últimamente subíanse á parra coa publicidade, sobre todo polos madriles. É certo? Tamén é verdade que no libro de Manuel Vicent fala dese lugar como o sancta sanctorum da robaliza salvaxe e iso pode ser motivo de pelegrinaxe. Pero se me aseguras que aínda se pode, alí estaremos.
Por certo, que tal segue por aquelas terras un restaurante en Caldebarcos, do que non lembro agora o nome, que daban moi bó marisco?
En todo caso, se ves por Vigo, vai ao Maruja Limón. Eso é excelencia.

Anonimo ha detto...

E a canto saiu por cabeza a comida? Esqueceuse dun dato a todas luces importante, sobre todo para petos ensombrecidos como o meu.

Anonimo ha detto...

45 euros por persoa. Caro en termos absolutos e carísimo en termos relativos. Últimamente hai que pedir auga para beber. E tampouco dixen que os postres últimamente tamén nos restaurantes póñense polas nubes: menos de 4,5 euros nada. E logo quedan como dios convidando aos cafés.

Anonimo ha detto...

Aínda quedan sitios no país nos que se pode comer ben e pagar pouco pero son tan escasos que merecía a pena facer unha guía gastronómica especial. Concordo en que o viño nos restaurantes é prohibitivo.

Anonimo ha detto...

Os viños, si son bos, nunca son caros nun xantar que se teña por tal. O viño é a pitanza o que é o aceite a un motor. Ainda que se trate dun rolls royce se non lle botas un bo aceite, estrágalo.

Ainda mais, ó viño, polo seu contido en moléculas activas no sistema nervoso central, actúa con sobre o comensal con propriedades metafísicas nunha boa comida.

Non podo acreditar un xantar só con auga. Unha aberración, vaia.

Anonimo ha detto...

Amigo Anónimo: non podo estar máis dacordo con vostede. Mesmo con cerveza ou con refrescos, o xantar é unha aberración. O problema é que se pasan cos prezos. En certos restaurantes, claro está.

Anonimo ha detto...

Coido que a solución a tanto desaforo de dispendidio en alforxa allea está en comer máis na casa e en mellorar as nosas artes culinarias para invitar a amigos, e viceversa. E así, todo pode regarse cun bo viño, mercado a un prezo razoable.