Preguntas ao chou que fican no ar tras as eleccións en Vigo:
1. O PXOM irá adiante coas rectificacións que piden na Xunta ou coas que pediu insistentemente o PSOE, Mauricio Ruíz mediante?
2. Chegará o AVE a Vigo en 2010, Caball/zapatero mediante?
3. Subirá Chus Lago pola cara norte da nova torre de control planificada para o porto o día da inauguración?
4. Ficará Corina Porro de xefa da oposición por ver se o matrimonio Abel-Santi dura máis co de Ventura-Lois ou pedirá en recompensa polo seu hit a deputación de Pontevedra?
5. Manterase Figueroa ata o final do concellalato ou voltará á hostelería?
6. Cambiarán os de Localia o presentador (un dicir) do especial de onte sobre as eleccións?
7. Cambiarán os de Televigo o carpinteiro do plató (un dicir) de onte no que se vían ata os remaches?
8. Daranlle un plus aos infógrafos da tvg pola extraordinaria e preciosa presentación dos resultados? E ao realizador, que curtou con precisión e sentido común as habituais declaracións postelectorais?
9. Arranxarán a miña rúa? Teño prometido ao alcalde (e as siglas que represente) que o faga un voto de por vida.
10. Cando van ser as eleccións xerais? Xa teño mono.
5 commenti:
Máis que mono parece que o que sentes é adicción, por deus. ;) Co contentiña que estou eu de que acabase a campaña.
gostaría ben de respostar, mais xa sabes que non leo ben as bolas (enténdase de cristal)
¿Que foi de Mauricio Ruiz Ceniceros? Non sei que pensar del, as veces dame a sensación de que por estilo merecería estar no PP. Hai xente que o ten en alta estima mentres outros en moi baixa ( aí ten vantaxe, eu non coñezo a ninguén que me falara ben de Figueroa). Para min foi un misterio, e case o mesmo podo dicir de Graña e de Arias. Misterios da política local, supoño.
Foi que non se presenta. Que non o queren, probablemente porque foi martelo da coxunda PP-BNG en materia de urbanismo. E agora, claro, molesta. Non sei onde podes quitar que ten estilo de PP, pero, en fin, os arquitectos, aparelladores (os que peor falan de Mauricio Ruíz) e inmobiliarios varios xa están a durmir máis tranquilos. Non me pareceu que Ruiz fora precisamente un home con intereses: cousa que non se pode afirmar dos outros. Eu non o coñezo: só polas súas declaracións na prensa (pode que falar en español para certa xente non axude moito). No que respecta aos outros dous, comparto a súa opinión e iso que ao segundo o coñezo: pero pasou como unha avelaíña polo concello. Outro día falamos dos concellais do BNG se logro saber quen foron.
¡Máis eleccións? ¡¡¡Nooooooon!!! ¡¡¡Que a esperanza estaba no cambio e desque cambiou temos que buscar onde anda!!! Déixennos descansar e reflexionar. E que lle arreglen a rúa. Se vivise vostede en Oza -ou calquera outro concello "dedereitasdetodaavida"-, a cambio do seu voto o amaño (nótese o doble sentido)estaba feito. Como que me chamo JoseMari.
Posta un commento