Unha rotura na polea do alternador fixo que lera nunha mañán Limpeza de sangue. Non sei se foi premonición ou advertencia. O certo é que hai que agradecerlle á desgracia mecánica a lectura apaixoante do libro de Rubén Ruibal. O texto dramático (ou seudodramático, polo que direi) gañou o premio Álvaro Cunqueiro do ano 2005 e foi publicado a finais do ano pasado por Xerais. Está composto de 31 esceas, de aparente estructura cinematográfica ou televisiva, se teño licencia para establecer esta distinción: non fai falta dicir, polo que a mín respecta, que tal disposición (sexa ou non voluntaria) non é en absoluto un demérito, senón todo o contrario: a mostra evidente de que o hibridismo entre as distintas artes está plenamente consolidado.
O texto dramatiza (nos dous sentidos do termo) as historias de dous homes, Fernando Sánchez e Pantaleón Expósito, que coinciden na sala de diálise dun hospital. Fernando pertence á marxinalidade, co seu perfil de ex ionqui a piques de recuncar e delincuente de pouca monta por pura consecuencia vital. Casado cunha muller que leva o peso da casa (unha muller da limpeza, esa palabra chave) e cunha filla á que cuida, padece unha insuficiencia renal que o reduce a unha pariola de hospital durante catro días da semán por espacio dunhas cinco horas ao día. Pantaleón, pola súa banda, procede, cunha formación universitaria, da outra punta da pirámide social, pero contempla o mundo da corrupción constructora desde moi perto e, polo tanto, comparte con Fernando á inmersión nun universo de foraxidos.
Por azar, aparte de na insuficiencia (simbólica, en gran parte) dos riles, coinciden na condición de derrotados, de postrados diante dun televisor no que botan, coma nunha rutina tamén simbólica, O planeta dos simios, mentres o sangue impuro vai recorrendo un camiño de ida a volta a través das máquinas salvadoras. A sala, pois, de diálese convírtese no esceario principal da obra, o lugar esencial onde se libra o diálogo fundamental entre os dous protagonistas. Unha dialéctica que ten moito de enfrontamento social, cultural, moral e, mesmo, político entre os dous mundos. Non é gratuito o recurso dramático (tantas veces aproveitado polo teatro) do intercambio de roles (traído do Príncipe e mendigo de Twain) que Rubén Ruibal adopta para estrañar os dous ámbitos. Dese contraposición xorden os momentos de reflexión sobre a relixión (un rexeita a fe, o outro posúe, pero sen plena comprensión, as súas crenzas), o sexo (un revela unha sexualidade machista e outro amosa a súa homosexualidade), a familia (un conserva a duras penas filla e muller, o outro aparece orfo e solitario: expósito, exposto) ou a educación (un só mira a mesma película, xa memorizada, o outro chega a ler mesmo libros de teatro en galego!). A diferencia entre ambos conduce á amizade e á simpatía: velaí a piadosa paradoxa.
Detrás destes dous protagonistas, Rubén Ruibal coloca outras pezas, case simétricas ou paralelas (Don Anselmo-Clemente; Don Luís-Alicia) e outras, coma o Inspector, que serve para engarzar as vidas aparentemente distantes de Fernando e Pantaleón. O recurso á literatura policiaca confire vertebración ao conxunto. Nun terceiro plano, sitúanse persoaxes a xeito de coro, que aparecen unha soa vez, sen demasiada función no desenrolo sustancial da obra, pero que poden representar o marco dunhas vidas condeadas (de xeito literal) á morte. Estou pensando no home da limpeza, filólogo, e o seu interlocutor, o celador, na sala de diálese, da escea cuarta, ou nos forenses da morgue na escea 28, que, de forma outra vez simétrica e matemática, parecen pechar o círculo. Digo coro da obra porque estes persoaxes fan ecoar o ruído do sangue, máis alá das paredes de ambos escearios nos que está latente ou presente a morte: a sala de diálese e a morgue. Entre estes espazos debúxase o camiño dos protagonistas.
O libro está escrito con escaso marxe para a retórica ou para unha deliberada vontade de estilo no que atinxe ás verbas das persoaxes. Pero unha das grandes singularidades do libro, que o emparenta coas acoutacións valleinclanescas (os animais en escea por exemplo ou as sombras que cobran vida na primeira escea), é a introducción narrativa dunha voz exterior. Aquí Rubén Ruibal aporta unha perspectiva distanciadora, pero non omnisciente, coma cando di na escea terceira “o doutor escóitao sen interese, mastiga coa boca aberta, bebe doutro vaso ancho e baixo un líquido que podería ser té pero non o é e fuma a un tempo”. Estas máis que acoutacións son dunha riqueza extraordinaria e levan á obra a un terreo tamén híbrido en canto ao xénero literario, xa que a marca narrativa parece impoñerse. É exemplar ao meu xuízo o que ocorre na escea catorce: ao comezo de todo describe ao persoaxe do doutor don Luis con dous médicos embatados e “noutra mesa, de costas, un home le o periódico”, e remata dando aos lectores á pista de que o home que está detrás é Pantaleón. Nunha representación esta estrataxema, puramente narrativa, debe ser levada con outras técnicas de semellante grao de suspense. E non é a única mostra de tal predominio narrativo.
Dixen que o texto das acoutacións recorda Valle Inclán. Probablemente, por vía interposta de Vidal Bolaño, a quen Rubén Ruibal dedica o libro. O final, no que a fórmula narrativa vaise impoñendo, constrúe unhas esceas dunha morosidade ceremonial, moi do gusto vidalbolañián, tamén de regusto case esperpéntico, aínda que Rubén Ruibal non cede á caricatura nin ao grotesco, senón ao drama limpo, case á traxedia, que xorde da imposibilidade de loitar contra o tempo o da indolencia de deixarse levar polo tempo, sen facer nada por evitalo. Así, polo menos, dedúcese das palabras do narrador entrometido coas que dá fin ao texto dramático: “é sabido que tanto confiar en que o tempo vai amañar as cousas fai que deixemos que pouco a pouco vaian indo a peor”.
Eu só agardo que este volume de Rubén Ruibal non remate no almacén de libros que Fernando Sánchez, o protagonista da obra, dicía coñecer cerca de onde vivía, “todos arrombados en caixas, dende hai anos. É unha imprenta. Fan os libros e logo téñenos alí mortos de risa. Non sei quen carallo os encarga”. Pola miña banda, só podo recomendalo vivamente e que, por pedir que non quede, sexa levado canto antes ás táboas ou (que me perdoe R. R.) á realidade viva tamén dun set televisivo ou cinematográfico. Porque ben o merece.

7 commenti:
Este es un comentario "comoDiosmanda" (es un decir). Enhorabuena, a los 2.
Eu a penas poiden pousar o libro antes de rematalo. Enganchoume. Gostariame velo representado.
Eu, como non rompín a ventila do correador, vou pola metade, así que terás que escusar que non lea o comentario por se fora o caso. En todo caso, estame prestando.
Maxistral a recensión señor Arume.
Dúas notas adicionais:
1. Algunhas esceas non son aptas para xente, coma mín, que non soporta l/ver o sangue correr polas veas e menos por uns tubos ou por unhas xeringas.
2. Non vexo o de "realismo sucio/suxo", que aparece nalgunha crítica. Pero ao mellor é problema terminolóxico que eu non comparto.
Moitísimas gracias polo comentario-análise-crítica-louvanza e mil cousas máis. Estou cos ollos coma ventás. Gracias e gracias e gracias (normativamente, gracias ó cubo)
Perdón, "grazas ó cubo". Deus...
Posta un commento