Caxigalines nella Reguera'l Campizu

9 maggio 2007

MAZARELOS 80


Da vella Facultade de Filoloxía na Praza de Mazarelos de Santiago (primeiros 80) saíron para o mundo, entre outros que un pouco antes e un pouco despois tamén pisaron aquel chan negro de plástico duro:
ANTÓN LOPO
ANXO ANGUEIRA
UXÍA CASAL
MARIO PEREIRA
XABIER QUIROGA
RAFAEL CID
ROMÁN RAÑA
BEGOÑA MUÑOZ
XABIER LORENZO TOMÉ
Que me perdoen os artistas que eu tal vez esqueza. Outros moitos andan por bisbarras próximas. Parece mentira que daquelas aulas... Hoxe lembro. A xeito de homenaxe.

4 commenti:

Mario ha detto...

Cantos xenios xuntos. Ao final que é o que puxeron alí? Sendo unha das mellor situadas non deixan de marear con ela.

Zerovacas ha detto...

Puxeron Filosofía, non? Agora nos bancos de Mazarelos vense moitos rapaces e rapazas vestidos de negro e cun semblante moi serio, ou lendo a Nietzsche nas terrazas. É broma.

Esa facultade tiña algo especial, seino porque eu fixen ano e medio de xornalismo alí. Por certo que tamén pasaron algúns xornalistas e escritores/xornalistas bastante interesantes por aí. O recorte de prensa que colgou Modesto é só un exemplo. Ano 1994: http://modestoweb.org/?p=523

Anonimo ha detto...

A mín gústame empregar ese termo: Xeración Mazarelos 80. Nela poderían entrar persoas que uns poucos anos antes ou pouco despois tamén destacan no eido das letras. Por exemplo, Forcadela, o propio Reixa (que petiscaba por alí cos outros de Rompente). Eso sen contarmos os que quedaron na Facultade como profesores e impulsores desa xeración como Monteagudo (anos antes), Mariño (un ano despois) ou o irmán de Xabier Quiroga, José Carlos, da propia promoción. Seguro que hai máis, pero agora non acordo.

Anonimo ha detto...

Pois vaia xeración máis completiña, non? Non cabe dúbida de que, con tan dignísimas excelencias do eido literario, poderiamos ir pensando nun recital poético conmemorativo. Manolo Forcadela, Román Raña, Reixa e outros Rompentes como Avendaño e Pexegueiro, etc. Moderados todos polo profesor Henrique Montegudo. Poderiamos mesmo nomealo "Recital vellas glorias da arte versificadora" en plan clásico, renacentista. Qué che parece, amigo Arume? Eu creo que, cando menos, non desentonariamos en comparándonos cos actos cativiños organizados pola Unesco de marras, ou?
Saúde e, sobre todo, bo humor.