Os traballadores do naval levan co de hoxe nove días de folga e de protestas na rúa. Nove días nos que non se acadou ningún mínimo acordo. As queimas de contenedores, os atascos descomunais, a invasión do edificio da Xunta, a interrupción do traballo noutros centros laborais (Corte Inglés e Citroën) están a ser feitos cotiáns, sobre todo polas mañáns, nesta cidade de Vigo. Onte, ademáis, coa presencia na cidade de miles de turistas procedentes dun cruceiro, a visita a un hotel céntrico da cidade de Mariano Rajoy co habitual "despliegue de seguridá", e o son das ambulancias atrapadas nos atascos e dos altofalantes das eleccións municipais, o centro de Vigo era un increíble fervedoiro de xente. A extraordinaria paciencia dos vigueses (cos naturais enfados do que non comprende nin moito menos a situación) nestes días explícase pola importancia que ten o sector naval na cidade e polo que moitos entenden como unha reivindicación xustísima, á luz das denuncias das inaceptables situacións laborais que están a vivir moitos deses traballadores. A violencia empregada de xeito ocasional pero efectivo e, sobre todo, rechamante, percura unha posición de forza fronte á patronal e unha chamada de atención a opinión pública sobre o problema. Hoxe, por primeira vez, saen nos diarios e nas teles nacionais: por qué temos que chegar sempre a esta situación? Eu creo que está suficientemente claro para a patronal que este conflicto non pode seguir así. Basta de intransixencias e cheguen, por favor, a un acordo.
4 commenti:
Profetizo que o seguinte capítulo vai ser unha ameaza de deslocalización por parte da patronal, argumentada pola imposibilidade de traballar nun clima social creado polos raballadores que non é favorable os negocios
O problema creo eu que é global, a industria naval no Estado xa non interesa dende hai ben tempo, e todo o que se leva camiñado é sempre para recortala e levala "silenciosamente" de aquí.
Vergonzosas palabras de desesperación da Sra. Porro "...pido que los que teñan responsabilidad en este asunto tomen las medidas que sean necesarias para impedir más molestias a los ciudadanos...". Traduzo: A Sra.alcaldesa descoñece o problema, descoñece a quen corresponden as responsabilidades (mantemento da orde, dereito de folga...). Sra. Porro e cantos non teñen vergonza de cargarse de postos de grande responsabilidade se ter preparación, ganas e resolución, por favor VA IA SE!
A verdade é que a situación do sector naval, alomenos polo que se percibe desde fóra, é realmente alarmante. Cada vez que os traballadores solicitan que se teñan en conta os seus dereitos laborais, van e aparecen os catro capitalistas reaccionarios de sempre e fomentan a tensión de rigor para acrecentar o medo e provocar, así, unha situación de "aparente caos e desorde", co único obxectivo de evitar a toda costa solucionar o problema. Convén lembrar que, históricamente, Vigo foi sempre unha cidade modélica na reivindicación dos dereitos sindicais e moitos dos logros que, no eido laboral, desfrutan hoxe outras cidades débenllo ás loitas das clases traballadoras viguesas. Eis o dato. Que non o esquezan máis de catro "bichicomas", por se acaso.
Posta un commento