Teño que estar ás nove, sen almorzar. Para probas varias. Escribo para esquecer. Pero non sei se vale de algo. Vou facer a cea. Unha tortilla de patacas lévame máis tempo. Moito mellor. Entreterse, mentres vexo pasar o tempo. Bueno: non miro o tempo. Pero pasa. Para todo hai unha primeira vez. Asáltame esa especie de consolo. Pero sigo dándolle voltas. Escribo para esquecer. As miñas fillas teñen a radio encesa. A música non me disgusta, pero é difícil aturar algo. Paseo por Internet para divertirme algo. E sempre volvo ao mesmo rego. Vai ser moi difícil saír de aquí.
13 commenti:
As esperas sempre son duras e fanse eternas máis ás veces compensan moito...
Unha aperta enerxética.
:)
é normal
A que non pasou nada? Ves?
Actualice, plis, e que sexan boas novas. :)
Case me deixa preocupado polo ton inicial do post. Agardo que sexan probas rutinarias e que non haxa novidades negativas. Unha aperta.
O taller deume vez para o luns: pequenas reparacións. Se hai wifi no taller, escribo.
Non deixe de facelo, en ningún caso. Moitas apertas.
Veña, amigo, non nos sexa tan aprensivo, que non ha ser nada. Que vostede loce novo e xovial, e iso tamén se nota por dentro e por fóra.
Moitas gracias a todos polos ánimos. O de novo está por ver cos meus 46. O de xovial tentareino sempre.
agardo que non sexa nada grave e si, por favor, alegre e xovial sempre :)
Acabo de enterarme de que anda vostede de reparacións, Arume. Estas cousas sempre poñen algo de medo, pero xa verá como non ha ser nada. Unha aperta grande.
Tróuxome tamén algo preocupado o seu silencio, vexo que volve ás andadas, sinal que todo saiu ben, alégrome.
Apertas.
o malo das esperas non é o posible resultado senón as espantosas fantasías coas que ocupamos o tempo. Fai ben en pensar noutra cousa...
Posta un commento