Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 giugno 2007

CABALLERO

Caballero xa goberna. A el sóbranlle días para chegar a un acordo. Porque el xa decidiu. El sempre decide, sempre toma a decisión. Non sei se SD ha ser capaz de pedirlle. Pero desde logo é bo momento: a Caballero eses detalles non lle importan. Se pode pagar un xantar (cos cartos del, por suposto) a todos os medios de comunicación para explicarlles que xa goberna é que xa goberna. Mesmo lle gustaría colocar a CP na Deputación, como presidenta. Caballero ten o costume de erguer a faciana cara arriba, non só por baixa estatura senón para afiar o perfil e dar bo relevo para as moedas. A súa aspiración é a de ser o De Gaulle (ou Napoleón) de Vigo e por iso as molestias e incomodidades da democracia non poden impedir que edifique o seu mundo a súa semellanza. Xa deixou un novo peirao con Torre (a Gentleman's Tower), xa advertiu que o PXOM nun par de meses (na intimidade mesmo ousa dicir que "en un plisplás") estará arranxado, xa comentou que a ubicación extravagante da alcaldía non lle vai moito (el, por suposto, prefería a parte alta do edificio de Caixanova, como o Magistral tendía ao campanario da catedral de Vetusta), xa prometeu inversións escalofriantes por terra (o AVE), mar (un recheo en cada porto) e ar (un aeroporto con liñas a Cancún e Mozambique) que, por suposto, o concello non vai pagar pero si eses amigos que el ten colocados por aí adiante. Preparémonos para unha presidencia do concello que fará empalidecer aos que tildaron a Ventura de prepotente. Ogallá estea equivocado.

NOTA: Hai que ver o que deu de si a Facultade de Económicas de Vigo: o rector, o alcalde, o presidente da autoridade portuaria de Marín, a conselleira de ordenación do territorio, o director do centro tecnolóxico do mar. Por non citar cargos máis baixos. O concellal Arias voltará ás aulas, pero pensar que todos tomaban o pulpo (o mellor de todo Vigo, eso si) todos os días no alto de san Cosme nos días escuros de penenes...

2 commenti:

Nuca ha detto...

a comparanza con De Gaulle ou Napoleón é de todo punto desacertada, mesmo ofensiva. O seu liderazgo é proprio de Cachamuiña, por todo o que elo significa

Anonimo ha detto...

Onte Faro de Vigo sacou a noticia do novo presidente da Portuaria. Hoxe a toda plana entrevista con el. La Voz de Galicia non conta nada. Por?