O Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago acaba de sacar do prelo unha primorosa edición facsímil do manuscrito autógrafo do conto Mi bisabuelo de Ramón del Valle-Inclán. A edición corre a cargo do neto de Valle, o fillo de Daniel Devoto, do que onte Andrés Trapiello facía unha sembranza a propósito da subhasta da súa biblioteca, e Mariquiña Valle-Inclán, filla do autor galego. O noso amigo de Fragmentos da Galaxia (e con el o fantástico equipo que con el traballa) pode estar orgulloso, porque se trata dun volume precioso, cun cuidado exquisito na escolla da tipografía e no deseño xeral do libro. Pero, claro está, o valor da edición reside na copia das 35 cuartillas escritas á man por Valle, nunha caligrafía enérxica e, por veces, cando se trata das maiúsculas, dun primor notable. A Cátedra Valle Inclán de Santiago é merecente dos meus eloxios (extendibles ao amigo Elías, vicerreitor de Santiago), porque con este volume abre unha prometedora biblioteca do noso autor. O director do Servizo sabe ben, moi ben, o que se trae entre máns: parabéns, Antonio.
[Fotografías de AdosP dos datos persoais do pasaporte de Valle para a súa viaxe a Francia (1916), páxina 17 do volume e das páxinas 34 e 35 do facsímil]
3 commenti:
Quixera facer notar que nas señas di "Le falta el brazo izquierdo".
tentaremos de facernos cun exemplar
Ten unha pinta exquisita esa edición facsimilar sobre o grande, grandísimo Valle! Haberá que "fisgar" algún exemplar, desde logo. Así que mans á obra...
Posta un commento