Caxigalines nella Reguera'l Campizu

31 luglio 2007

CHIUSO PER FERIE


Unha volta por Vigo hoxe a mañán foi suficiente para decatarme de que unha cidade con semellante actividade non debería parar nunca. Vacacións por suposto, lecer por descontado. Pero sería conveniente non suspender todo ata nova orde. Cando un visita Londres ou Nova Iorque (Roma ou Madrid é diferente; París aínda preserva algo de vida) en pleno agosto atopa unha cidade coa enerxía un pouco atenuada, pero aínda viva: estreas de cinema, de teatro, novos libros, tendas coas prendas de outono, oficinistas que trasegan as rúas, metros ou buses ateigados de xente que vai traballar. A vida continúa, cun ritmo tal vez máis pousado pero eléctrico. A calor inflúe no noso país, pero tamén inflúe en Xullo e, sen embargo, a xente segue a traballar. Creo que é excesiva a concentración de vacacións nun só mes ou, últimamente, na primeira quincena de agosto. Aqueles turnos antigos deixaron de ter sentido e hoxe pecha absolutamente todo, agás restaurantes e bebercios varios.

Eu, despois desta lamentación inconveniente, tamén me vou e, como adoitan poñer en Italia por todos os lugares, fico "chiuso per ferie dal 1 fino al 24 de Agosto". Que vostedes o pasen moi ben.

7 commenti:

Anonimo ha detto...

Felice Agosto e,supratutto,"Ferragosto",il giorno que Buonaparte "il Corso" voleva con il suo nomme,senza succeso...

Anonimo ha detto...

Até logooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo!

Anonimo ha detto...

Antes case de pechar o ordenador (o avión sae ao serán de Porto), unha aperta a ambolos dous e unha benvida (de la Highway 61 é asiduo do blog e querido irmán na fe dylaniana) a Xan da Coba.

Anonimo ha detto...

Páseo moi ben! :)

R.R. ha detto...

¡Boas vacacións!

torredebabel ha detto...

Descanse e non se quede por alá que aquí quedamos os lectores agardando!

Marinha de Allegue ha detto...

A disfrutar dese fermoso tempo sen prisas...

Unha aperta vacacional.
;)