Laiábase o outro día Suso de Toro de que a súa última novela non acadara ubicación no chamado sistema literario galego. Noutro foro apuntábase unha certa desilusión ou desencanto por non obter resposta aos seus esforzos e mesmo unha posible (e pouco disimulada) molestia ou ofensa pola falta de agarimo dos lectores e dos críticos. Un dos participantes formulaba unha cuestión ao meu xuízo difícilmente rebatible: a da (omni)presencia de SdT na vida pública galega e non tan galega.
Hoxe podo comprobar que non é omnipresencia: é case monopolio. Abre un EL PAÍS e sae a conmemoración do Prestige: alí aparecen as opinións de Rivas e de Suso de Toro, como se en Galicia non houbera máis persoas capaces de opinar sobre o seu propio país. Días atrás SdT escribiu un artigo sobre a política nacional, unha longa diatriba (resumible en dúas liñas, pero en fin) contra o PP; unha entrevista sobre o novo libro adicado ao presidente Rodríguez Zapatero; hoxe, outro artigo nas páxinas de Galicia sobre o anuncio de Gadis. Pero a sorpresa e, por que non dicilo, a gargallada irónica xurdiu cando vexo a portada do Magazine do Faro de Vigo cunha imaxe das costas galegas e pregunto en alto, mentres paso as páxinas para comprobalo: non escribirá tamén Suso de Toro sobre esto? En efecto, alí o está.
Non teño nada, por supostísimo, contra Suso de Toro (á marxe do que eu pense sobre a súa calidade literaria ou sobre as súas posturas cívicas), pero, desde logo, a ocupación que fai, probablemente sen pretendelo, da opinión pública é monopolística e crea fóra do país (xa non digo dentro onde o cansancio comeza a ser crónico) a impresión inxusta de que en Galicia só saben escribir dúas persoas: Rivas e de Toro. Por favor, que alguén máis escriba, por favor. Aquí hai máis xente.
12 commenti:
É que, como dicía a gran Celia (d.e.p.), "¡no hay cama pa tanta gente!".
Engádalle a todo iso a presencia, hoxe, nunha tertulia no programa da Cadena Ser de Angels Barceló
O da tertulia e tódolos domingos
Non lle abonda. Quere máis.
Disque o maior problema de Deus foi precisamente ese mesmo: que o da omnisciencia ou o da omnipotencia á xente aínda lle podía facer gracia, pero o da omnipresencia é un peñazo e todo cristo acabou ata os güevos del.
vaise confesar e arrepíntase, rr, xa que está en pecado mortal e vai ir o inferno.
Arume:
A ver se adiviña quen asina tamén unha reportaxe sobre os cinco anos do Prestige nunha revista ilustrada de reparto gratuito e que caiu casualmente hoxe nas miñas mans nunha feira de decoración?
Pense, pense, que o ten na punta da lingua...
Non caio, non caio. Deame pistas, ande.
Pois quén vai ser, Arume, parece que a xamprada de Da Coba, fíxolle perder olfato: Paco Cascos
Que de Toros e de Susos sabe un montón.
Pois o autor era... Suso de Toro!
Sr. Apicultor, ten que facermo chegar, que son coleccionista de caralladas.
Fareillo chegar se tanto interese lle ten. Dígame un enderezo a onde llo podo mandar.
Conste que, ao mellor, o texto non é ningunha carallada. Eu non o lin aínda.
Posta un commento